Universidade de Quioto

A Universidade de Quioto, Kioto ou Kyoto (京都大学, Kyōto Daigaku, abreviado 京大, Kyōdai) é unha institución nacional de educación superior situada en Quioto, Xapón. Fundada en 1897, é a segunda universidade máis antiga do Xapón e unha das máis prestixiosas, xa que produciu cinco premios Nobel e dous gañadores da medalla Fields. Tamén é coñecida pola Escola de Kioto, unha importante corrente de pensamento desenvolvida polos profesores de filosofía da universidade, en particular Kitaro Nishida e Hajime Taname.

Universidade de Quioto
Campus Urbano da Universidade de Quioto
Kyoto University.jpg
Datos xerais
Datos actuais
Alumnos22 707
Datos de contacto
Facebook: Kyoto.Univ Twitter: univkyoto Instagram: kyotouniversity.jp Youtube: UC3ikR0k6iSoz7DcdRsXS2xA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Kioto ten sona no Xapón de brindar liberdade aos seus estudantes e profesores.

HistoriaEditar

Fundación e primeira metade do século XXEditar

A Universidade de Kioto foi fundada o 18 de xuño de 1897, entón chamada Universidade Imperial de Kioto. Esta denominación deixou de utilizarse co fin da segunda guerra mundial.

Inicialmente, os decanos da universidade foron elixidos polo Ministerio de Educación xaponés, pero baixo a presión dos profesores, o decano foi elixido polo profesorado a partir de 1919.

Da segunda metade do século XX á actualidadeEditar

Na década de 1960, os estudantes universitarios de todo Xapón participaron en intensas protestas e movementos sociais, e algúns estudantes mesmo participaron nunha loita armada . Os estudantes da Universidade de Kioto daquela tiveron un papel protagonista nesta mobilización estudantil.


En 1953, a universidade experimentou un profundo cambio no seu sistema docente, principalmente no sistema de posgrao, comezando a salientar cada vez máis o desenvolvemento da investigación a este nivel.

En 2004, aprobouse unha lei que converteu todas as universidades nacionais xaponesas (incluída a Universidade de Kioto) en corporacións . Isto en teoría daba á universidade unha maior autonomía respecto ao goberno, pero ao mesmo tempo suxeitaba máis ás influencias do sector privado para recadar fondos.

InstituciónEditar

Segundo os datos de 2007, a Universidade de Kioto conta con 22.758 estudantes matriculados, dos cales 13.381 son estudantes de grao e 9.377 son estudantes de posgrao. A facultade está formada por 2.872 profesores.

A universidade está formada por 10 unidades de grao, 16 unidades de posgrao, 13 institutos de investigación, 21 centros educativos, así como un museo, un hospital e varias bibliotecas.

A universidade ten tres campus : Yoshida, Katsura e Uji. No campus de Yoshida, tamén coñecido como o campus principal, atópase a Torre do Reloxo, o símbolo máis famoso da universidade.

Recoñecementos de profesores e alumnos da UniversidadeEditar

Gañadores do Premio NobelEditar

Gañadores da Medalla FieldsEditar

  • 1970 : Heisuke Hironaka
  • 1990 : Shigefumi Mori

Gañadores do premio John MaddoxEditar

ClasificaciónsEditar

A Universidade de Kioto ocupa o posto 22º na Clasificación Académica de Universidades Mundiais publicado pola Universidade de Shanghai Jiao Tong, 25ª posición no THES-QS World University Rankings publicado por The Times Higher Education Supplement e Quacquarelli Symonds, e 29ª posición no Top 100 Global Universities Ranking da revista Newsweek.

NotasEditar

Véxase taménEditar