Universidade de Palencia

A Universidade de Palencia foi unha institución de ensino española activa durante o século XIII. Durante o ano 2012 celebrouse o seu 800 aniversario.

Universidade de Palencia
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Tivo a súa orixe no Studium Generale de Palencia, o primeiro que houbo en España, anterior ao da Universidade de Salamanca. Nel ensinábanse Teoloxía e Artes (Trivium e Cuadrivium). Durante o século XIII, a Coroa de Castela, ao igual que se estaba a facer noutros lugares de Europa, favoreceu a creación de institucións de ensino participando activamente no seu desenvolvemento. O xurdimento das universidades en Castela foi impulsado por iniciativa dos monarcas, aproveitando a existencia de escolas episcopais.

A data da súa fundación adóitase situar entre 1208 e 1212, durante o reinado de Afonso VIII de Castela, segundo algúns autores por iniciativa do bispo electo Tello Téllez de Meneses,[1] e segundo outros do de Osma Rodrigo Jiménez de Rada,[2] pero o certo é que moito antes existía xa o studium generale de Palencia. Proba diso é que se ten constancia de que nel estudaba Santo Domingo de Guzmán alá polo ano 1184, e que se conservaron varias leccións impartidas en Palencia polo mestre Ugolino de Sesso cara ao 1196, todo isto antes da fundación universitaria.

Afonso VIII de Castela favoreceu enormemente a universidade palentina dotándoa de importantes recursos económicos e contribuíndo a elevar o nivel do ensino impartido nas súas aulas coa chegada de mestres estranxeiros, sobre todo de Francia e Italia. Neste centro universitario o ensino centrábase nas artes, a teoloxía e os estudos de tipo xurídico. Entre os mestres da primeira época encontrábanse don Odo, Lanfranco, Fornelino e Guillermo Lombardo.

Tras o falecemento de Afonso VIII, acaecido en 1214, o estudo xeral de Palencia entrou en crise, agravada co paso dos anos. Malia os esforzos do monarca Fernando III de Castela por revitalizar a universidade e a protección do papa Honorio III, esta crise non puido evitarse. No ano 1263, cando a Universidade de Palencia estaba próxima á súa desaparición, o papa Urbano IV protagonizou o último esforzo por mantela concedéndolle os mesmos privilexios cos que contaba a Universidade de París.

Notas editar