Universidade de Harderwijk


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

 

Universidade de Harderwijk
Datos xerais
LocalizaciónPaíses Baixos
Fundación1648 (fechada en 1811)
Datos actuais
AlumnosCarl von Linné
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Harderwijk, tamén chamada Academia Guelders ( latín: Academia Gelro-Zutphanica ), foi unha universidade holandesa que operaba na cidade de Harderwijk, na República das Sete Provincias Unidas (hoxe Países Baixos), na provincia do Ducado de Gelderland. Estivo activa entre 1648 e 1811.

Historia editar

A Universidade foi pechada, xunto coas de Franeker e Utrecht, por un decreto de Napoleón en 1811, durante a ocupación francesa dos Países Baixos. Poucos anos despois, o rei Guillerme I tentou sen éxito restaurala. Na cidade, con todo, aínda sobreviven algúns dos antigos edificios universitarios, como o salón anatómico, o Hortus ou xardín botánico, e a famosa Torreta Linneo (Linnaeustorentje), que no seu día serviu de prisión para estudantes rebeldes e onde se colocou en 1869 un busto en homenaxe ao gran botánico sueco.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar