Espazo Coop
EspazoCoop, formalmente coñecida como Unión de Cooperativas Galegas, é unha entidade multisectorial de carácter empresarial en Galiza, configurada como asociación sen ánimo de lucro. Integrada por cooperativas de distintas clases, EspazoCoop está inspirada nos principios cooperativos e os seus valores, e ten como obxectivo agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen. Ademais, busca a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico no marco da economía social e solidaria.[1]
EspazoCoop | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Instancia de | organización ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2017 ![]() | ||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Sede | Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo ![]() | ||
Área de operación | Galicia ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | espazo.coop ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarEspazoCoop naceu en 2017 da fusión de tres entidades cooperativas preexistentes: a Federación de Cooperativas Sinerxia, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado (UCETAG). Esta fusión, que concluíu coa primeira asemblea ordinaria e o voto unánime dos asistentes en xuño, foi o resultado dun proceso colaborativo onde estas entidades decidiron unirse para crear economías de escala, mellorar a súa posición no mercado e gañar máis peso social. A integración de EspazoCoop, que tardou tres anos en completarse, foi un fito significativo no cooperativismo galego, sendo a primeira vez que se crea unha asociación "multiclase" en Galicia, permitindo a asociación de calquera tipo de cooperativa.[2][3]
O resultado desta fusión é unha unión de cooperativas con nove traballadores distribuídos en tres sedes do eixo atlántico galego: A Coruña, Santiago e Vigo. EspazoCoop agrupaba a 181 cooperativas, das cales 152 eran de traballo, 28 de ensino e unha de consumo, con 1.120 socios traballadores e 570 empregados, cunha facturación conxunta de 45 millóns de euros.[4] A data de 2023 no directorio de cooperativas de EspazoCoop hai 261 cooperativas.[5]
A misión de EspazoCoop é agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias, así como promover o cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico. EspazoCoop aspira a ser unha entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social.
Valores e obxectivos
editarEntre os valores de EspazoCoop están a apertura e non discriminación, autonomía e independencia, proactividade e participación, interese pola comunidade, responsabilidade social e sostibilidade, entre outros.
Os fins específicos de EspazoCoop inclúen a representación e defensa dos intereses colectivos das cooperativas asociadas, fomentar o cooperativismo, informar e asesorar sobre disposicións que afecten ás empresas cooperativas, promover a colaboración con entidades e institucións, e fomentar a igualdade de oportunidades e a integración social.[6]
Organigrama
editarO órgano de representación e decisión de EspazoCoop é a asemblea xeral de socios, que delega as responsabilidades de goberno nun consello reitor. Este consello reitor está integrado por persoas pertencentes ás cooperativas socias, elixidas en asemblea polos socios.[7]
Notas
editar- ↑ dnl (2012-02-02). "Quen somos?". Espazo Coop. Consultado o 2023-12-14.
- ↑ "Impulso cooperativo en Galicia". Alternativas Económicas (en castelán). Consultado o 2024-02-01.
- ↑ "La Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP presenta las cifras del boom del cooperativismo en Galicia". Economía Solidaria. 2 de xuño.
- ↑ "Impulso cooperativo en Galicia". alternativaseconomicas.coop (en castelán). Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "directorio; buscar". Espazo.coop. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Obxectivos e fins". Espazo Coop. 2011-12-30. Consultado o 2023-12-14.
- ↑ tino (2011-12-30). "Organigrama". Espazo Coop. Consultado o 2023-12-14.