Unión de Carballeda de Valdeorras

A Unión de Carballeda de Valdeorras foi un partido político de ámbito municipal de Carballeda de Valdeorras. Liderado pola alcaldesa deste municipio, María Carmen González Quintela, tras abandonar o PSdeG-PSOE en setembro de 1997. Nas eleccións municipais do 1999 logrou a maioría absoluta cun 56,51% dos votos e 7 dos 11 concelleiros da corporación dos concello, conservando así a alcaldía. Nas eleccións municipais de 2003 acadou o 70'29% dos votos, co que conseguiu 8 dos 11 concelleiros. En 2007 obtivo o 64,44%, e repetiu os 8 concelleiros. O partido desapareceu trala integración de González Quintela e o seu equipo no PPdeG nas eleccións de 2011.