Unión Gallega (Buenos Aires)

Unión Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1938 e 1988.

Unión Gallega
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Revista de la Agrupación Unión Gallega, era o órgano de Agrupación Unión Gallega do Centro Gallego de Buenos Aires editada xeralmente co gallo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Apareceu en 1938. Dirixida por Miguel Friendländer. Os contidos da revista circunscríbense especificamente a esa finalidade, reproducindo o programa electoral, nota biográfica dos candidatos e síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Ás veces saíu algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado polo 50 aniversario da agrupación. Algúns números aparecen integrados no periódico Galicia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar