Un viaje por Galicia

Un viaje por Galicia é un filme documental rodado por Luis Rodríguez Alonso en 1929 para ser exhibido na Exposición Iberoamericana de Sevilla, así e todo non foi montada polo seu director xa que faleceu despois da súa rodaxe. Encargada polo comisario do Pavillón de Galicia, foi subvencionada polas deputacións galegas, o que causou polémica na prensa galega, xa que o autor era palentino e rexeitárase un proxecto similar do galego José Gil y Gil. Foi a primeira cinta que restaurou o Centro Galego de Artes da Imaxe (1991).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. p. 91-92. ISBN 84-89444-22-6.