Un asunto privado (serie de televisión)

serie de televisión

Un asunto privado[1] é unha serie española orixinal de Amazon Prime Video protagonizada por Aura Garrido e Jean Reno.[2] Foi creada por Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés e Gema R. Neira, directores de Bambú Producciones, empresa creadora doutras series como Velvet, Gran Hotel ou Las chicas del cable.[3] A serie, gravada entre Vigo e Pontevedra, estreouse o 16 de setembro na plataforma de streaming de Amazon e consta de 8 capítulos de 50 minutos cada un.

Un asunto privado
FormatoDrama, misterio e acción
Creado porRamón Campos
Teresa Fernández-Valdés
Gema R. Neira
Desenvolvido porBambú Producciones
Dirixido porDavid Pinillos
María Ripoll
Daniel Aranyó
IntérpretesJean Reno
Aura Garrido
Gorka Otxoa
Pablo Molinero
Álex García
Ángela Molina
Tito Valverde
Julieta Serrano
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Castelán
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Ramón Campos
Teresa Fernández-Valdés
Emisión orixinal
Canle de orixeAmazon Prime Video
Primeiro episodio16 de setembro de 2022
Na rede
IMDB: tt10698534 Filmaffinity: 487717 Rottentomatoes: tv/a_private_affair Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Estreouse en Amazon Prime Video con versión dobrada e subtitulada ao galego o 16 de setembro de 2022.[4]

Sinopse editar

Marina Quiroga (Aura Garrido) é unha moza da alta sociedade con moito afán polo misterio. Cando un asasino en serie mata varias prostitutas, deixándolles gravada no peito unha flor de lis, Mariña decide emprender unha investigación para deter o delincuente coa axuda do seu mordomo e fiel amigo Héctor (Jean Reno), un home sensible e observador. Doutra banda, moitos factores na vida de Marina entorpecerán a súa procura: os prexuízos por ser muller, os intentos da súa nai para que case e que o xefe de policía sexa o seu propio irmán, Arturo (Pablo Molinero). Malia todos estes inconvenientes, Marina demostra, a través do seu enxeño, que é unha aspirante a detective policial con moito talento.

Personaxes editar

coa colaboración especial de

Notas editar

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "Un asunto privado". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  2. Herruzo Martínez, Ignacio (23 de novembro de 2020). Diez Minutos, ed. "'Un asunto privado', la primera serie de Bambú en Amazon Prime Video, anuncia su reparto" (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  3. Costas, Nayín (23 de marzo de 2021). El Confidencial, ed. "El salto que supone 'Un asunto privado': "Es lo más cerca de James Bond que hemos estado"" (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  4. @Fansubgalego (ed.). "Un asunto privado, dobrada e subtitulada en galego". Consultado o 19 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar