Umkhonto we Sizwe

organización paramilitar de Suráfrica

uMkhonto we Sizwe (abreviado como MK, que quere dicir "A lanza da nación") foi a á paramilitar do Congreso Nacional Africano (ANC), cofundado por Nelson Mandela por mor do masacre de Sharpeville. A súa fundación representou a convicción de que o ANC xa non podía limitarse á protesta non-violenta, e o seu obxectivo era loitar e derrubar o goberno de Suráfrica e o dominio do Partido Nacional.[1]

Guerreiro zulú con lanza, símbolo do MK.

Despois de advertir ó goberno surafricano en xuño de 1961 da súa intención de resistir os seus actos de terror se non daba un paso cara a unha reforma constitucional e incrementar os dereitos do votantes, o MK lanzou o seu primeiro ataque contra instalacións do goberno o 16 de decembro de 1961. Foi clasificada como unha organización terrorista polo goberno surafricano e os Estados Unidos de América, e foi prohibida.[2]

Durante un tempo, tivo o seu cuartel xeral no suburbio de Rivonia, en Xohanesburgo. O 11 de xullo de 1963, 19 líderes do ANC e do MK, incluíndo a Nelson Mandela, Arthur Goldreich e Walter Sisulu, foron arrestados na granxa Liliesleaf, Rivonia. A granxa era unha propiedade privada de Arthur Goldreich e foi mercada con fondos do Partido Comunista Surafricano e da ANC, xa que os individuos non brancos non tiñan dereito a ter propiedades nesa área segundo a Acta de Agrupación por Áreas. Isto provocou o xuízo de Rivonia, no que dez líderes da ANC foron xulgados por 221 actos que "Fomentaban a revolución violenta". Wilton Mkwayi, xefe de MK naquela época, escapou durante o xuízo.

MK integrouse no Forza Nacional de Defensa da Suráfrica en 1994.

Notas editar

  1. African National Congress, ed. (16 de decembro de 1961). "Manifesto of Umkhonto we Sizwe". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2006. Consultado o 30 de decembro de 2006. 
  2. "The African National Congress website - Umkhonto we Sizwe". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vladimir Shubin, "Unsung Heroes: The Soviet Military and the Liberation of Southern Africa", Cold War History, Vol. 7, No. 2, maio de 2007.