Umaru Pulavar

escritor indio

Umaru Pulavar ( támil: உமறுப் புலவர்), nado en 1642 en Ettayapuram foi un poeta de Tamil Nadu. Está considerado o principal poeta islámico en támil [1].

Infotaula de personaUmaru Pulavar
Biografía
Nacemento1642 Editar o valor em Wikidata (381/382 anos)
Tamil Nadu Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua támil Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Os seus devanceiros viñeron a Tamil Nadu para vender perfumes e establecéronse en Nagalapuram, antes de se instalar en Ettayapuram, onde naceu Umaru. Estudou co poeta da corte Katikai Muttuppulava e con quen tamén coñeceu os clásicos támiles [2]. Con dezaseis anos gañou un debate literario con Vallai Varundhi, un recoñecido poeta do norte da India e Umaro pasou a ser o poeta da corte de Ettayapuram Zamin.

En Sira puranam, considerado un dos seus mellores traballos, retrata a historia relativa a Mahoma, e que contén 5.027 poemas en tres 'kandams' (partes), "Vilathathu Kandam", "Noobuvathu Kandam" e "Hijurathu Kandam". Cada un dos 'Kandams' narra varias etapas da vida do profeta combinando de forma única a tradición literaria hinduísta dos puranas coas ensinanzas do profeta (sirah), máis aínda toda a obra está moi influída [3] pola versión támil do Ramayana realizada por Kamban no século XIII. Umaru non chegou a completar a obra, que remataron outros tres poemas, parte que se coñece como Sinna sira (O pequeno sira). Muthu Mozhil Malai e os poemas de voda de Sethakathi son outros dos seus traballos literarios.

  1. J. B. Prashant (2004) Muslim Identity, Print Culture, and the Dravidian Factor in Tamil Nadu Orient Blackswan, p. 34
  2. Mohan Lal (ed.) Encyclopaedia of Indian Literature: Sasay to Zorgot Vol. 5 Sahitya Akademi, 1992, p. 4426
  3. Narayanan, Vasudha "The Ramayana and its Muslims Interpreters" in Richman Paula (2001)Questioning Ramayanas: A South Asian Tradition University of California Press, pp. 265