Ulrich de Löwendal
Ulrich de Woldemar ou Ulrich de Löwendal, conde de Löwendal, nado o 6 de abril de 1700 e finado o 27 de maio de 1755, foi un nobre e militar de orixe dinamarquesa, mariscal de Francia.
Ulrich de Löwendal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de abril de 1700 |
Lugar de nacemento | Hamburgo |
Falecemento | 27 de maio de 1755 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Dinamarca, Electorado de Saxonia, Imperio Ruso e Reino de Francia |
Ocupación | político, militar e nobre |
Pai | Woldemar von Löwendal |
Nai | sen etiquetar |
Cónxuxe | Barbara Szembeck |
Fillos | Constance de Lowendal, François Xavier Joseph de Lowendal e Grevinde Benedikta Antonina von Lövendal |
Irmáns | Hedevig baronesse Løvendal e Ulrich Friedrich von Löwendal |
Premios | Cabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel e Cabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Hamburgo, fillo de Woldemar, barón de Löwendal, gran mariscal de Polonia, pertencía á casa de Holstein-Gottorp e estaba emparentado coa Casa Real dinamarquesa. En 1714 xa era capitán ó servir no exército imperial de Carlos VI. Loitou no exército dinamarqués contra os suecos e despois volveu ó exército imperial para loitar contra os turcos ás ordes do xeneral Uxío de Savoia (1716-1718) participando na batalla de Petrovaradin e nos sitios de Timişoara e Belgrado; combateu tamén contra os españois en Italia (1719), estivo ó servizo de Augusto II de Polonia quen lle deu o grao de mariscal de campo e inspector xeral da infantería saxona. Loitou contra os franceses no Rhin (1734) e no exército ruso contra os turcos (1739) e en Finlandia contra os suecos (1741-1743).
O mariscal Mauricio de Saxonia convenceuno para servir no exército francés co grao de tenente xeneral (1743), distinguiuse nos sitios de Menen e Ieper e na batalla de Fontenoy, onde estivo ó mando da reserva e cargou contra a columna inglesa á cabeza da brigada de Normandía, tomou deseguido Gante e diversas poboacións nos Países Baixos.
En 1747, a toma Berg-op-Zoom, que se tiña como inexpugnable, elevouno á dignidade de marechal de Francia (17 de setembro de 1747). Foi membro de honra da Academia Real de Ciencias desde 1754 e o seu vicepresidente en 1755. Era tamén cabaleiro da Orde do Espírito Santo desde 1746.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Jean de Viguerie, Histoire et dictionnaire du temps des Lumières. 1715-1789, París, Robert Laffont, coll. Bouquins, 2003 ISBN 2-221-04810-5