Ulpia Marciana

irmá maior do emperador romano Traxano

Ulpia Marciana (48-112), irmá de Traxano, viviu en harmonía e entrañable amizade con Pompeia Plotina, a esposa do emperador, e ambas recibiron do Senado o título e as honras de Augusta, ó redor de 105. Casada co senador C. Salonino Matidio, tivo unha filla chamada Matidia, quen á súa vez sería a nai de Sabina, a esposa de Hadriano. Traxano non tivo descendencia e elixiu como sucesor a Hadriano, seguramente tendo en conta, entre outras razóns, estes afastados pero afectivos lazos familiares. O senador C. Salonino morreu antes da chegada ao trono de Traxano, polo que Marciana viviu sempre xunto á esposa do emperador, Pompeia Plotina. Cando Marciana morreu, no ano 112, o emperador deificouna e o seu título de Augusta pasou á súa filla. Todas as súas moedas foron acuñadas a partir de finais dese ano, é dicir, postumamente.

Ulpia Marciana
Marciana-MuseumOfFineArtsBoston-March25-07.png
Nacementoc. 48
Falecementoc. 112
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeRoma Antiga
PaiMarco Ulpio Traxano
NaiMarcia
CónxuxeCaio Salônio Matídio Patruino
FillosSalonina Matídia
IrmánsTraxano
editar datos en Wikidata ]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.