Ukrayinski sheryfy

filme de 2015 dirixido por Roman Bondarchuk
(Redirección desde «Ukrainian Sheriffs»)

Ukrayinski sheryfy (en ucraíno: Українські шерифи) é un filme documental ucraíno de 2015 dirixido e escrito por Roman Bondarchuk.[1][2] Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4][5]

Ukrayinski sheryfy
Ficha técnica
Título orixinalУкраїнські шерифи
DirectorRoman Bondarchuk
ProdutorDaryna Averchenko
Uldis Sekulis
GuiónRoman Bondarchuk
MúsicaAnton Baibakov
MontaxeRoman Bondarchuk
Katerina Gornostay
Boris Peter
EstreaFestival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam: 25 de novembro de 2015
Duración88 minutos
OrixeUcraína Ucraína
Alemaña Alemaña
Letonia Letonia
XéneroDocumental
Na rede
http://project20406.tilda.ws
IMDB: tt4658808 Filmaffinity: 559259 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Debido á falta de presenza policial na aldea ucraína de Stara Zburyivka, o alcalde Viktor Marunyak asigna a tarefa de protexer a paz a dous veciños, Viktor Kryvoborodko, de 50 anos, e Volodymyr Rudkovsky, de 44. O traballo de Kryvoborodko e Rudkovsky combina as funcións dos policías e dos traballadores sociais, xa que se encargan de mediar as disputas, pero non de investigar os delitos penais. O comezo da guerra ruso-ucraína en 2014 cambia a súa rutina xa que a política divide a aldea e os dous policías encárganse de apoiar o esforzo bélico ucraíno.

Produción editar

Ukrayinski sheryfy foi filmada durante catro anos,[6] para un total de case 200 horas de metraxe. A primeira edición do filme tiña cinco horas de duración e mantívose en máis de dúas horas até a súa sexta edición.[7]

Distribución editar

Ukrayinski sheryfy comezou a súa distribución en toda Europa en febreiro de 2016.[8] A estrea do filme na televisión alemá tivo lugar o 4 de abril de 2016 na canle franco-alemá Arte.[9] A distribución do filme en Ucraína comezou en xullo de 2016 e despois nos países bálticos e os Balcáns en setembro.[8]

Notas editar

  1. "'Ukrainian Sheriffs': IDFA Review". 7 de dezembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2016. 
  2. "Обрано три фільми-кандидати на "Оскар" від України" (en Ukrainian). 31 de agosto de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2016. 
  3. "На "Оскар" від України номінували фільм "Українські шерифи"" (en ucreíno). 9 de setembro de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  4. "Ukraine selects its candidate for foreign-language Oscar". 9 de setembro de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  5. "Oscars: Ukraine Selects 'Ukrainian Sheriffs' for Foreign-Language Category". 9 de setembro de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  6. Oliynyk, Eugenia (11 de decembro de 2015). ""Українські шерифи": фільм про сільських волонтерів, які "замінили" міліцію" ["Ukrainian Sheriffs": a film about village volunteers who "replaced" the police]. Radio Liberty (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  7. "Kill Your Darlings: Ukrainian Sheriffs". Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam. 17 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2021. 
  8. 8,0 8,1 Broeren-Huitenga, Joost (2 de outubro de 2017). "Bringing it Home: Sara Božanic about the innovative distribution of Ukrainian Sheriffs". Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam. Consultado o 25 de febreiro de 2021. 
  9. "Ukrainische Sheriffs" (en alemán). ARD. 1 de abril de 2016. Consultado o 25 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar