Ubaldo Rueda
Ubaldo Rueda Soto, nado na Vide (Monforte) en 1948, é un profesor de bacharelato e dirixente deportivo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 (75/76 anos) A Vide, España |
Educación | Universidade de París 8 |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, dirixente deportivo |
Traxectoria
editarEn 1968 marchou a estudar a París, onde comezou Filosofía e Literatura Francesa na Universidade de París 8 e na Sorbonne[1]. Logo de licenciarse optou a unhas oposicións en España, aprobounas e foi destinado a un instituto de Bacharelato de Santiago de Compostela, o Instituto Rosalía de Castro, onde permaneceu desde 1977 ata a súa xubilación. En 1985 accedeu á súa dirección e mantivo o posto de novo ata o seu retiro en agosto de 2018[2].
Como director do centro de ensino, foi tamén presidente do club de baloncesto Rosalía de Castro. Tamén formou parte da directiva do Casino de Santiago, unha asociación cultural, da que chegou a ser vicepresidente e en 2018 era o seu presidente[3].
Galardóns
editarEn 2021 foi nomeado fillo adoptivo[4] do concello de Santiago.
Notas
editar- ↑ "Ubaldo Rueda: «Recordo estar a dous metros de Sartre en París vendendo el o xornal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-01-11. Consultado o 2018-09-01.
- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "Ubaldo Rueda se jubila tras 33 años como director del Rosalía" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-01.
- ↑ Galicia, Xunta de (2018-07-16). "Jonathan Coe faise co XIII Premio Novela Europea Casino de Santiago". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-01.
- ↑ "Ubaldo Rueda será Fillo Adoptivo de Santiago e o doutor José Carro Otero terá unha rúa na cidade". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-06-16.