Ubaldo Pasarón

militar, inventor e escritor galego

Ubaldo Pasarón Lastra, nado en Ribadeo o 16 de agosto de 1827 e finado en Santo Domingo de Guzmán o 21 de marzo de 1864,[1] foi un militar, inventor e escritor en lingua castelá de orixe galega.

Infotaula de personaUbaldo Pasarón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1827 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 1864 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Santo Domingo, República Dominicana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRamón Pasarón Lastra Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irmán de Ramón Pasarón Lastra. Foi Capitán do exército español, co que foi destinado a Hispanoamérica. Escribiu dende moi novo poesía, teatro e diversos textos verbo da milicia. Foi colaborador de varios xornais madrileños. Publicou Poesías y leyendas (1850) e Instrución castrametaria o breve método para acampar la Infantería en yermos y despoblados (1861).

Como inventor, ideou un globo dirixíbel de rumbo fixo co que sería posible dar a volta ao mundo, a unha altura dunha legua e en 11 días. Ideouno estando na Habana e sendo capitán de infantaría, e fíxoo público nun artigo na Gaceta de La Habana dos días 24 e 29 de abril de 1862, e pouco despois mediante un folleto publicado na devandita cidade e reeditado ese mesmo ano, moi ampliado e corrixido, baixo o título Pilotage Aereonáutico.

Notas editar

  1. «Ubaldo Pasarón y Lastra», Diccionario biográfico español, Real Academia de la Historia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar