UVigo Motorsport

equipo automobilístico

UVigo Motorsport é un equipo automobilístico pertencente á Universidade de Vigo e que participa cos seus monoprazas na competición da Fórmula Student en circuítos de toda Europa. O equipo está constituído por 28 estudantes de diversas ramas da Enxeñaría industrial, estruturado nunha xefatura de equipo, unha dirección técnica, e os departamentos de mercadotecnia e organización, de transmisión e propulsión, de dinámica, de chasis e seguridade, de carrozaría e aerodinámica, e de electrónica e programación.[1]

UVigo Motorsport
Logo
Tipoequipe de automobilismo
Data de fundación2014
Nomeado en referencia aUniversidade de Vigo
SedeVigo
PaísGalicia
Na rede
https://www.uvigomotorsport.com/
Facebook: uvigomotorsport Twitter: uvigomotorsport Instagram: uvigomotorsport Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Organigrama do equipo para a tempada 2016-2017

O equipo constituíuse en 2014 co obxectivo de participar na Fórmula Student, promovida pola Society of Automotive Engineers (SAE) e destinada á participación das universidades e dos estudantes de enxeñaría, na que se esixe aos competidores non só a condución dos vehículos, senón o seu deseño e a súa construción baixo uns parámetros determinados.[2]

Tempada 2014-2015

editar

Coa súa primeira formación, o equipo deseñou o seu primeiro monopraza, denominado UM15, co que representou a Universidade de Vigo nas carreiras celebradas en Silverstone (Reino Unido), Hockenheim (Alemaña) e Montmeló (España). Malia non acadar ningún triunfo como equipo, un dos seus membros foi galardoado co premio Craig Dawson ao participante máis valioso da competición.[3][4][5]

Tempada 2015-2016

editar

Na súa segunda tempada na competición, participou cun bólido renovado, o UM16, nas carreiras da Fórmula Student da República Checa e de España.[6] Nesta tempada, o equipo buscou ademais o seu asentamento coa implicación de diversos centros da Universidade de Vigo e a captación de patrocinadores que colaboren á súa sostibilidade (Concello de Vigo, Consorcio da Zona Franca de Vigo e máis de medio cento de empresas)[7].

Tempada 2016-2017

editar

Cun monopraza novo, o UM17, que recolle a experiencia adquirida nas competicións anteriores, o equipo participa nas carreiras de Montmeló e de Hockenheim.[8][9]

Vehículos

editar

Nas súas tres primeiras tempadas, o equipo utilizou, sucesivamente, os tres vehículos seguintes:[10]

 
O UM15, primeiro vehículo do equipo UVigo Motorsport

Utilizado na súa primeira tempada, tiña un motor Aprillia SXV 550 bicilíndrico en V e 70 cv, cun chasis tubular de aceiro ao cromomolibdeno e unha central Performance Electronics PE3. A súa carrozaría era de fibra de vidro, cun revestimento de fibra de carbono. A suspensión era de tipo Pull e contaba cunhas pinas de magnesio de 13 polgadas. O seu peso era de 211 quilogramos.

 
O monopraza UM16

Con el competiron na tempada 2016-2017. O motor foi substituído por un Aprillia SXV 450 bicilíndrico en V de 60 cv. O chais pasou a ser monocasco de fibra de carbono con núcleo de madeira. A súa central electrónica, a suspensión e as pinas mantivéronse, e engadíronse compoñentes aerodinámicos, como un difusor e uns aleróns dianteiro e traseiro. O seu peso reduciuse a 203 quiligramos.

Presentado a finais de xullo de 2017, conta cun novo motor Kawasaki 650 ER-6F bicilíndrico en liña de 72 cv. O chasis combina o monocasco cun subchasis de aceiro tubular. Engadiuse o sistema DRS e mellorouse a súa aerodinámica. Outra novidade é que incorpora un sistema de telemetría, que transmite datos en tempo real a un panel externo.

  1. "Estrutura e membros actuais do equipo.". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 04 de agosto de 2017. 
  2. "Historia do equipo e das súas participacións na Fórmula Student.". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 04 de agosto de 2017. 
  3. "La escudería UVigo Motorsport presenta el 2 de julio su monoplaza". Faro de Vigo. 24 de xuño de 2015.
  4. "Uvigo Motorsport busca inspiración en Silverston. Enxeñeiros da Universidade de Vigo viaxan esta fin de semana a Silverston coa intención de presenciar a competición de 2014 na que participan 3.000 estudantes de enxeñaría de diferentes universidades de 38 países. O obxectivo é mellorar o seu proxecto de cara á Fórmula Student de 2015". En La Voz de Galicia. 10 de Xullo de 2014.
  5. Cuíña, Elena. "Dous estudantes da zona acudiron na Formula Student a Silverston. O equipo UVigo Motorsport correrá en Hockenheim e Montmeló". En La Voz de Galicia. Lalín. 15 de xullo de 2015.
  6. "El monoplaza de Uvigo Motorsport, desde República Checa a Montmeló. El equipo, satisfecho con la puesta de largo de su monoplaza, trabaja para ajustar el UM16". Faro de Vigo. 10 de agosto de 2016.
  7. "Listaxe completa de patrocinadores de UVigo Motorsport.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 04 de agosto de 2017. 
  8. Fuente, María Jesús. "La escudería universitaria ya busca estudiantes para el cuarto bólido. El monoplaza de este año competirá en los circuitos de Hockenheim y Montmeló". En La voz de Galicia. Vigo. 1 de agosto de 2017.
  9. Salgado, Marta. "La UVigo ya tiene monoplaza para la Formula Student 2017". En La Región. 1 de agosto de 2017.
  10. Datos técnicos dos coches utilizados polo equipo Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar