USB On-The-Go, tamén coñecido polo acrónimo USB OTG, é unha extensión da norma USB 2.0 que permite aos dispositivos USB ter máis flexibilidade na xestión da conexión USB. Permite que dispositivos como un reprodutor de son dixital ou un teléfono móbil actúen como host, polo que se lles pode conectar unha memoria USB, un rato, un teclado, un disco duro etc.

Cable con conectores mini A (esquerda) e mini B (dereita), un en cada extremo.

Principio editar

O estándar USB (USB 1.1/2.0) utiliza unha arquitectura mestre/escravo: un concentrador USB (en inglés, hub USB) actúa como mestre USB, mentres que un dispositivo USB actúa como escravo. Só os concentradores USB poden xestionar a configuración e a transferencia de datos durante a conexión.

A norma USB-OTG cambia esta situación. Os dispositivos compatibles con USB-OTG son capaces de abrir unha sesión, controlar a conexión e intercambiar as funcións mestre/dispositivo.

Para iso, a norma USB-OTG introduce dous novos protocolos: o protocolo SRP (Session Request Protocolo -"protocolo de solicitude de sesión") e o protocolo HNP (Host Negotiation Protocolo -"protocolo de negociación de host").

Os dispositivos USB On-The-Go son compatibles con USB 1.1/2.0 e compórtanse como un dispositivo USB estándar cando se conectan con dispositivos USB tradicionais (non OTG).

Conexión editar

Os periféricos compatibles OTG dispoñen dun conector de tipo mini AB (ou micro AB), é dicir, capaz de aceptar un conector A (mestre) ou B (escravo).

No caso dunha conexión OTG-OTG, realízase unha conexión mediante un cable miniA - miniB (ou microA - microB). Na posición do conector do cable sobre a toma mini AB/micro AB en cada extremo, o que permitirá definir cal dos dispositivos OTG será o anfitrión. No segundo lugar, pode haber un cambio de roles tras unha etapa de negociación entre os dous sistemas OTG (protocolo HNP).[1]

Non é obrigatorio que ambos os dispositivos sexan compatibles con OTG para comunicarse entre eles; é suficiente que un deles o sexa, dispondo por tanto da capacidade de conectarse punto a punto. Daquela, esta unidade sería loxicamente o elemento mestre.[2]

Aplicacións editar

Queda aberto un amplo campo de aplicacións por razón da capacidade de enviar datos sen ter que utilizar un controlador USB mestre (que ata esta norma, era tipicamente un ordenador de sobremesa); para enumerar algunhas: unha cámara de fotos pode enviar as imaxes directamente a unha impresora ou acceder a un disco duro, as cámaras de vídeo poden conectarse aos gravadores de DVD, etc.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar