Relay Mirror Experiment

(Redirección desde «USA 52»)

Relay Mirror Experiment, coñecido tamén polo seu acrónimo RME e como Losat-R (Low Altitude Satellite) e USA 52, foi un satélite artificial dos Estados Unidos construído pola empresa Ball Aerospace e lanzado o 14 de febreiro de 1990 mediante un foguete Delta 6920-8 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][3][5][6]

Relay Mirror Experiment / RME / Losat-R / USA 52
TipoTecnolóxico
FabricanteBall Aerospace
OrganizaciónSDIO
Destino actualReentrado na atmosfera terrestre.[1]
Data de lanzamento14 de febreiro de 1990, 16:15 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 6920-8[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[3][6]
Obxectivo da misiónProba de tecnoloxías de apuntado de láseres reflectidos desde o espazo.[3][6]
Decaemento24 de maio de 1992[1]
NSSDC ID1990-015B
Masa1040 kg[3]

Características editar

O obxectivo de RME foi probar novas tecnoloxías relacionadas co reflexo desde o espazo de láseres disparados deste terra e validar e caracterizar cuestións como o apuntado, o seguimento e a dispersión dos feixes no contexto dun sistema de defensa contra mísiles. O experimento consistiu no disparo dun láser en terra cunha lonxitude de onda de 1064 micróns contra o satélite, consistente basicamente nun espello de 61 cm de diámetro, para reflectilo e alcanzar a un obxectivo situado tamén en terra, cunha distancia total recorrida polo láser de 1200 km. RME concluíu as probas con éxito, demostrando que tras unha etapa de calibrado un láser pode reflectirse desde o espazo mediante un espello con gran precisión e estabilidade.[3][5][6]

RME foi inxectado nunha órbita inicial de 479 km de apoxeo e 459 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 43,1 graos. O control de actitude do satélite fallou inicialmente, téndose que apagar un dos volantes de inercia do mesmo. O primeiro experimento de reflexión tivo lugar o 26 de xuño de 1991. O satélite acabou reentrando na atmosfera terrestre e destruindose o 24 de maio de 1992.[3][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "REFLECTOR" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro de 1992: 4. Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (1 de marzo de 2017). "RME" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "RME / Losat (USA 52)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "RME (Losat-R)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "RME" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar