UEFA Futsal Champions League

(Redirección desde «UEFA Futsal Cup»)

A UEFA Futsal Chamapions League (antigamente chamada UEFA Futsal Cup) é a máxima competición continental de fútbol sala a nivel de clubs en Europa. Nela compiten os campións das 48 ligas europeas, así como o campión da edición anterior. O equipo gañador é considerado o campión de Europa. O torneo foi creado en 2001 pola UEFA para substituír o non oficial Campionato de Europa de Clubs, que fora creado en 1984 de xeito independente polas propias ligas europeas á marxe da UEFA.

Modelo:Competición deportivaUEFA Futsal Champions League
Tipofutsal competition (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes49 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2001 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaoutonoEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoAssociació Esportiva Manacor
(2023)
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata
Facebook: uefafutsalchampionsleague Twitter: uefafutsal Instagram: uefafutsal Editar o valor em Wikidata

Formato editar

Na edición 2011-12 o formato da competición foi o seguinte:

  • Rolda previa. Dos 49 equipos participantes, os 28 correspondentes ás ligas nacionais cunha inferior puntuación na clasificación da UEFA, tiveron que disputar unha rolda previa. Esta rolda previa consistiu en 7 grupos de 4 equipos que xogaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal os 7 equipos que se clasificaron en primeira posición, acadaron o pase para a seguinte rolda.
  • Rolda principal. Os 7 equipos clasificados dende a rolda previa, e os outros 17 equipos clasificados directamente para a rolda principal, foron repartidos en 6 grupos de 4 equipos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a seguinte rolda os 2 primeiros clasificados de cada grupo.
  • Rolda Elite. A esta rolda chegaron os 12 equipos clasificados dende a rolda principal, e os 4 equipos clasificados directamente, que son os 4 equipos correspondentes ás 4 ligas punteiras na clasificación na UEFA. Estes 16 equipos foron de novo divididos en 4 grupos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a Final Four os líderes de cada grupo.
  • Final a catro. Nun mesmo fin de semana disputáronse as dúas semifinais, o encontro polo 3º e 4º posto e a gran final, nun mesmo pavillón.

Palmarés editar

O palmarés da UEFA Futsal Champions League está dominado polos clubs da LNFS española, que saíron campións en 6 das 12 edicións. O Inter FS é o club máis laureado do continente, con 3 títulos e 2 subcampionatos.

Finais da UEFA Futsal Champions League (torneo oficial)
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2018/19   Sporting CP 2-1   Kairat Almaty FC
2017/18   Inter FS 5-2   Sporting CP
2016/17   Inter FS 7-0   Sporting CP
2015/16   Ugra Yugorsk 4-3   Inter FS
2014/15   Kairat Almaty FC 3-2   FC Barcelona Futsal
2013/14   FC Barcelona Futsal 5-2   MFK Dinamo Moscova
2012/13   Kairat Almaty FC 4-3   MFK Dinamo Moscova
2011/12   FC Barcelona Futsal 3-1   MFK Dinamo Moscova
2010/11   Città di Montesilvano 5-2   Sporting CP
2009/10   SL Benfica 3-2   Inter FS
2008/09   Inter FS 5-1   MFK Viz-Sinara
2007/08   MFK Viz-Sinara 4-4 P.   El Pozo Murcia
2006/07   MFK Dinamo Moscova 2-1   Inter FS
2005/06   Inter FS 6-3 e 4-3   MFK Dinamo Moscova
2004/05   Action 21 Charleroi 4-3 e 6-6   MFK Dinamo Moscova
2003/04   Inter FS 4-1 e 4-3   SL Benfica
2002/03   Playas de Castellón FS 1-1 e 6-4   Action 21 Charleroi
2001/02   Playas de Castellón FS 5-1   Action 21 Charleroi

Malia que a UEFA non recoñece como oficiais as edicións disputadas antes do ano 2002, moitos clubs engaden no seu palmarés os títulos acadados no antigo Campionato de Europa de Clubs, que daquela organizaban as propias ligas europeas. Naquela competición salientou por riba doutros clubs o MFK Dina Moscova, que deixou constancia do seu gran nivel disputando 5 finais, das que gañou 3.

Finais do Campionato de Europa de Clubs (torneo non oficial)
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2000/01   Playas de Castellón FS 4-2   MFK Dina Moscova
1999/00   Caja Segovia FS 4-1   Gruppo Sportivo BNL
1998/99   MFK Dina Moscova 2-1   SS Lazio
1997/98   CLM Talavera 3-3 P.   MFK Dina Moscova
1996/97   MFK Dina Moscova 2-2 P.   Gruppo Sportivo BNL
1995/96   Gruppo Sportivo BNL 5-4   AD Super Sego FS
1994/95   MFK Dina Moscova 6-5   Maspalomas FS
1993/94   Marsanz Torrejón FS 11-3   MNK Uspinjača Zagreb
1992/93 - Non se disputou -
1991/92 - Non se disputou -
1990/91   Inter FS 7-0   AR Freixieiro
1989/90   Roma RCB 2-1   La Garriga FS
1988/89   MNK Uspinjača Zagreb 3-0   MNK Kutina
1987/88   ZVK Ford Genk 3-0   FC Kras Boys
1986/87   Næstved IF 7-0   ZVK Hasselt
1985/86   Drei Keuninge 3-3 P.   ZVK Hasselt
1984/85   ZVC Hoboken 3-3 P.   FC Kras Boys

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar