O UDP é un acrónimo do termo inglés User Datagram Protocol que significa protocolo de datagramas de usuario. O UDP fai a entrega de mensaxes independentes, designadas como datagramas, entre aplicacións ou procesos, en sistemas host. A entrega non é confiábel, porque os datagramas poden ser entregados fóra de orde ou ata perdidos. A integridade dos datos pode ser xestionada por un "checksum" (un campo na cabeceira de recoñecemento por suma).

O UDP dálle ás aplicacións un acceso directo ao servizo de entrega de datagramas, como o servizo de entrega que o IP dá. O UDP é pouco confiábel, sendo un protocolo non orientado para conexión. O "pouco confiábel" significa que non hai técnicas no protocolo para confirmar que os datos chegaron ao destino correctamente. O UDP usa número de porto de orixe e de destino de 16 bits na word 1 da cabeceira da mensaxe.

Os puntos de acceso do UDP son xeralmente designados como "Portos de protocolo" ou "portos" ou ata "portas", en que cada unidade de transmisión de datos UDP identifica o enderezo IP e o número de porto do destino e da fonte da mensaxe, os números poden ser diferentes en ambos os casos.

Cabeceira UDP editar

A cabeceira UDP é extremadamente simple, contendo apenas os números de porta, lonxitude da mensaxe e o checksum. A cabeceira dos datagramas UDP colócase a seguir á cabeceira IP.

Porto orixe Porto destino
Lonxitude da mensaxe Checksum


RFC0768-UDP (User Datagram Protocol): [1]

Selección do número de portas no UDP editar

Os computadores que pretenden estabelecer unha comunicación deben definir un número de porto. O (proceso) servidor e agarda pola chegada de mensaxes, datagramas, o cliente selecciona un porto local, para a recepción de datagramas e envía datagramas ao porto seleccionado do proceso servidor. Moitos servizos coñecidos usan números de portos reservados, por exemplo: 161 para o Protocolo SNMP.

Vantaxes do uso do UDP editar

Alta velocidade de procesamento. Neste caso, o UDP é a escolla acertada como protocolo da capa de transporte. As aplicacións que encaixan nun modelo cliente-servidor (pregunta-resposta) tamén son fortes candidatas a usar UDP. A resposta pode usarse como recoñecemento positivo para a pregunta. Se unha resposta non chega nun período de tempo estipulado, a aplicación envía outra pregunta. Outras aplicacións usan as súas técnicas para entregas confiábeis de dados que non necesitan do servizo dos protocolos da capa de transporte. Estes impleméntanse en procesos.

UDP fiable editar

Existen varios protocolos para facer fiable o UDP, chamados RUDP (Reliable UDP), aínda que non hai un estándar pois cada un ten as súas vantaxes, dependendo dos requisitos.