Type O Negative foi unha banda estadounidense de metal gótico formada en Brooklyn, Nova York en 1989,[1] por Peter Steele (voces e baixo), Kenny Hickey (guitarra e coros), Josh Silver (teclados e coros) e Sal Abruscato (batería e percusión), que posteriormente foi substituído por Johnny Kelly. O seu énfase lírico en temas de romance, depresión e morte deulles o alcume de "The Drab Four"[2] (en homenaxe ao algume dos Beatles "Fab Four"). A banda conseguiu o disco de platino co seu álbum de 1993 Bloody Kisses, e o de ouro con October Rust, de 1996, e gañou unha gran base de seguidores grazas aos seus sete álbums de estudio,[3] dous recompilatorios de grandes éxitos e varios concertos en DVD.

Type O Negative
OrixeBrooklyn, Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1989 - 2010
Xénero(s)metal gótico, doom metal
Selo(s) discográfico(s)Roadrunner, SPV America
MembrosSal Abruscato
Peter Steele
Kenny Hickey
Josh Silver
Johnny Kelly
Na rede
http://www.typeonegative.net
IMDB: nm1474496 Facebook: typeonegative Twitter: typeonegative MySpace: typeonegative Spotify: 0blJzvevdXrp21YeI2vbco iTunes: 16169568 Last fm: Type+O+Negative Musicbrainz: a63df8c3-28e4-41db-bac2-c6c6e8ff8f28 Songkick: 117123 Discogs: 11612 Allmusic: mn0000206465 Deezer: 824 Genius: Type-o-negative Editar o valor em Wikidata
Type O Negative 2007

O 14 de abril de 2010, o vocalista, baixista e principal compositor Peter Steele morreu dunha insuficiencia cardíaca provocada por un aneurisma aórtico.[1] Kenny Hickey e Johnny Kelly afirmaron nunha entrevista en novembro de 2010 na revista francesa Rock Hard que a banda non continuaría.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Slow, Deep and Hard 1991 Roadrunner Records
The Origin of the Feces 1992 Roadrunner Records
Bloody Kisses 1993 Roadrunner Records
October Rust 1996 Roadrunner Records
World Coming Down 1999 Roadrunner Records
Life Is Killing Me 2003 Roadrunner Records
Dead Again 2007 SPV / Steamhammer

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The New York Times (ed.). "Peter Steele, of Heavy Metal Band Type O Negative, Dies at 48". Consultado o 28 de abril de 2017. 
  2. NME (ed.). "Type O Negative - Dead Again". Consultado o 28 de abril de 2017. 
  3. MTV (ed.). "Peter Steele, Type O Negative Singer, Dead At 48: Singer reportedly died of heart failure, according to manager". Consultado o 28 de abril de 2017.