Two Door Cinema Club

Two Door Cinema Club é unha banda de indie rock procedente de Bangor e Donaghadee, en Irlanda do Norte. Formouse no ano 2007 e está composta por Sam Halliday (guitarra e coros), Alex Trimble (voces, guitarra e sintetizadores) e Kevin Baird (baixo e coros). O grupo asinou co selo francés Kitsuné Music, a través do cal editou o seu álbum de estrea, Tourist History, o 1 de marzo do 2010. A banda gañou o Choice Music Prize ao mellor álbum irlandés do ano 2010.

Two Door Cinema Club
Two Door Cinema Club no 2012.
OrixeBangor/Donaghadee, Irlanda do Norte
Período2007 - presente
Xénero(s)indie rock, post-punk revival, synthpop, indie pop
Selo(s) discográfico(s)Kitsuné Music (Europa)
Glassnote Records (Estados Unidos)
MembrosAlex Trimble
Kevin Baird
Sam Halliday
Na rede
twodoorcinemaclub.com
IMDB: nm3987878 Facebook: twodoorcinemaclub Twitter: TDCinemaClub Instagram: twodoorcinemaclub MySpace: lifewithoutrory Youtube: UC21j22BUI19MJ6F8IrxnjJg Souncloud: two-door-cinema-club Spotify: 536BYVgOnRky0xjsPT96zl iTunes: 291005449 Last fm: Two+Door+Cinema+Club Musicbrainz: 6f1de078-6684-4792-820d-2ffad64c15ed Songkick: 804901 Discogs: 1413091 Allmusic: mn0002139934 Deezer: 173612 Genius: Two-door-cinema-club Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Alex Trimble e Sam Halliday coñecéronse mentres asistían ao Bangor Grammar School, e posteriormente coñeceron a Kevin Baird. O nome da banda ven dunha ocasión na que Halliday pronunciou mal o nome do cine local, Tudor Cinema. Anteriormente o grupo era un cuarteto coñecido como LifeWithoutRory, composto polos membros de Two Door Cinema Club members e tamén un batería, Patrick Thompson. Porén, Two Door Cinema Club colleu forma despois de que Patrick marchase.

No 2007 formouse Two Door Cinema Club, e despois dun aumento do interese pola súa música na súa páxina de MySpace, renunciaron ás súas carreeiras universitarias e comezaron a traballar en metarial de estudio. O EP Four Words To Stand On foi lanzado en xaneiro do 2009 e foi recibido positivamente pola crítica. Varios blogs musicais escribiron artigos sobre a banda e a súa popularidade incrementouse. No mes de xullo dese ano comezaron a gravar o seu álbum de estrea nos Eastcote Studios de Londres con Eliot James. En setembro a banda comezou as sesións de mestura con Phillipe Zdar en Motorbass, o seu estudio en París.

En decembro do ano 2009, Two Door Cinema Club foi elixido na enquisa da BBC Sound Of 2010 Poll o 165 mellor artista dese ano.

En xaneiro do 2010, Two Door Cinema Club anunciou a listaxe de cancións e os detalles do seu álbum nunha entrevista en NME. Este foi publicado o 26 de febreiro en Irlanda e o 1 de marzo no Reino Unido. O disco, titulado Tourist History, lanzaríase nos Estados Unidos o 27 de abril. Foi precedido dos sinxelos "Something Good Can Work", "I Can Talk" e "Undercover Martyn", aparecendo o primeiro e o terceiro en anuncios de televisión de Vodafone e Meteor. "Undercover Martyn" tamén está na banda sonora do videoxogo Gran Turismo 5, mentres que "I Can Talk" sae nos dos xogos 'FIFA 11 e NBA 2K11. Ademais, "Something Good Can Work" e "Do You Want It All" foron usadas na película do 2011 Chalet Girl. O 25 de novembro do 2010 o tema "What You Know" foi lanzado como descarga gratuíta para o xogo Tap Tap Revenge 3.

O 18 de xaneiro do 2011 Two Door Cinema Club apareceu no programa de televisión Late Night with Jimmy Fallon, interpretando a súa canción "What You Know".

Tourist History gañou o Choice Music Prize ao mellor álbum irlandés do 2010, sendo o primeiro premio que a banda obtiña. O grupo doou os cartos a Abaana, unha organización de caridade baseada na súa cidade natal. Two Door Cinema Club tamén gañou o premio Breaking Woodie da mtvU.

En abril do 2012, a conta de Twitter da banda revelou que o seu segundo traballo estaba preto de rematarse. O 20 de xuño o grupo anunciou que Beacon sería o título do seu segundo álbum, e que este sería publicado o 3 de setembro no Reino Unido e o 4 no resto do mundo. Jacknife Lee, que xa traballara con artistas como U2, R.E.M., Snow Patrol e Bloc Party, encargouse da produción do disco.

O 19 de xullo do 2012 "Sleep Alone" foi elixido sinxelo principal de Beacon, podendo escoitarse a través da páxina da revista NME; porén, o sinxelo non sería oficialmente publicado ata o 21 de xullo. O seu vídeo musical foi subido á canle da banda en YouTube o 8 de agosto.

A comezos de outubro anunciouse que o segundo sinxelo do novo álbum sería "Sun"; publicado o 18 de novembro. O seu videoclip fixo a súa estrea en YouTube o 11 de outubro.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Tourist History 2010 Kitsuné Music
Beacon 2012 Kitsuné Music
Gameshow 2016 Parlophone
False Alarm 2019 PIAS Prolifica
Keep On Smiling 2022 Glassnote Records

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar