Tuusulan Blue Rings

O Blue Rings, ou simplemente BR, é un equipo de ringette da localidade de Tuusula, Finlandia. O equipo foi fundado en 2010 e na tempada 2021-22 compite na máxima categoría do ringette finlandés, a Ringeten SM-sarja.

Historia editar

O equipo foi fundado en 2010 como club paraugas de Kerava Shakers, Nurmijärvi Seven Ringettes e Tuusula Ringette, co obxectivo de ter distintos grupos de idade para formar xogadoras tanto para a competición como para afección.[1]

Na tempada 2018-19 Shakers Ringette e Tuusula Ringette uníronse a Blue Rings. BR xa fora o equipo representativo de ambos clubs en distintas categorías. Dende ese momento, as xogadoras de Shakers e Tuusula pasaron a formar parte do club e a competir baixo o seu nome dende a categoría G-junior ata o campionato nacional.[2]

Notas editar

  1. "SEURAN ESITTELY" (en finés). Blue Rings. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  2. "SHAKERS RINGETTE JA TUUSULA RINGETTE OVAT KAUDESTA 2018-19 ALKAEN OSA BLUE RINGSIÄ." (en finés). Blue Rings. Consultado o 20 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar