O turismo sexual é a actividade de viaxar, polo xeral a outros países, co propósito de manter relacións sexuais, usualmente con prostitutas. A Organización Mundial do Turismo (United Nations World Tourism Organization ou UNWTO), dependende da ONU, define o turismo sexual coma "toda viaxe organizada dentro do sector turístico, ou fóra deste sector pero empregando as estruturas e redes deste, co obxectivo primario de efectuar unha relación sexual comercial entre o turista e a poboación residente no país de destino".

Barrio vermello en Ámsterdam.

Os alicientes para os turistas sexuais poden incluír dende baixos custos dos servizos sexuais no país de destino, así coma facilidades para acceder a ela por ser unha actividade legal, ou mesmo outras particularidades legais ou o acceso á prostitución infantil.

Leis sobre prostutución no mundo editar

O turismo sexual ten calidade de legal ou ilegal en función das leis que existan sobre prostitución no propio país. Xa que logo, o turismo sexual ten categoría de actividade legal en todos aqueles estados onde a prostitución estea regulada e aceptada legalmente.[Cómpre referencia]

     Prostitución legal e regulada      Prostitución (troco de cartos por sexo) legal, mais actividade organizadas para explotala (bordeis, cabarets etc.) ilegais; a prostitución non está regulada      Prostitution ilegal      Sen datos

A prostitución tamén é legal en Nova Zelandia, malia o mapa non o amosar.

O turismo sexual nos documentais editar

A turismo sexual está largamente documentado en diversos documentais e series de televisión:

Véxase tamén editar

Outros artigos editar