Tupan Patera é un patera ou cráter volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio oculto de Ío, nas coordenadas 18,73° N 141,13° O. Tupan é un cráter volcánico ou máis coñecido coma patera, un tipo de cráter volcánico semellante a unha caldeira, con 79 de diámetro medio e cunha profundidade duns 900 m.[2] O volcán foi visto por primeira vez en imaxes de baixa resolución polas sondas Voyager no ano 1979, pero non foi detectada actividade volcánica ata a chegada da sonda Galileo.[3] Despois desta primeira detección, virían máis observacións e deteccións máis precisas por parte da propia Galileo, este volcán recibiría oficialmente o nome de Tupan Patera no ano 1997 por parte da Unión Astronómica Internacional, na mitoloxía Tupí-Guaraní, Tupan era o deus do trono.[1]

Tupan
Imaxe de Tupan Patera tomada pola Galileo en outubro do 2001.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 79,13 km km[1]
Profundidade 900 m[2]
Coordenadas 18,73° N 141,13° O[1]
Procedencia do nome Deus tupí-guaraní do trono.[1]

As observación adicionais da sonda Galileo co seu espectrómetro de mapeo no infravermello (NIMS) entre os anos 1996 e 2001 revelaron que Tupan é un volcán decote activo, visible na meirande parte da observación feitas con NIMS do hemisferio oculto de Io.[4][5] A Galileo tomou imaxes en cor de alta resolución e tamén no espectro próximo ó infravermello de Tupan Patera durante o seu encontro do 16 de outubro do 2001. Estes datos revelaron lava de silicatos escura e morna, tanto no leste coma no oeste do chan do patera, con illas de material brillante e frío no centro.[2][5] Tamén foi observado material de cor tirando a vermella ó longo das marxes da illa brillante, así coma en brillantes planicies ó sueste do volcán. Isto é indicativo dunha pequena cadea do sulfuro emitido a través dos respiradoiros do chan do patera pola recente actividade volcánica.[2] A illa é máis ben unha enorme laxa, a cal esta perfilada con material escuro varado. Esta liña de material escuro pode se-lo resultado da lava que rechea o chan do patera, cando esta perde o gas ó ir arrefriando ou cando a lava volve a afundirse na cámara de magma. Alternativamente, a liña de material varado pode ser creada pola acción volcánica limitada ó longo dos bordos do patera. A mestura de materiais escuros e materiais laranxas-vermellos na parte occidental do volcán pode ser debido ó resultado da fusión do sulfuro procedente da illa central e da parede do patera, que cubrirían o material escuro desta área.[2] Esta teoría está apoiada nas temperaturas máis frías detectadas na parte occidental de Tupan, suficientemente frías para soporta-la fusión e solidificación do sulfuro, comparativamente coa moito máis escura parte oriental.[5] A morfoloxía de Tupan Patera podería ser concordante co que acontece cunha laxa que se está a exhumar a si mesma.[6]

Despois do último sobrevoo da sonda Galileo sobre Ío en xaneiro do ano 2002, Tupan permaneceu activo, isto foi detectado nas emisións termais do volcán vistas a través do telescopio terrestre Keck e pola sonda New Horizons.[7] Un grande erupción en Tupan foi detectada por astrónomos usando o telescopio de 10 m. con óptica adaptativa do observatorio Keck o 8 de marzo do 2003.[8] A parte destas erupción, deuse máis actividade en Tupan durante a misión Galileo e que persistiría con posterioridade, tendo variacións episódicas na intensidade dentro do chan do patera, de xeito semellante, aínda que con niveis de enerxía máis baixo, a Loki Patera.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Tupan Patera on Io". Consultado o 15-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Turtle, E. P.; e o seu equipo. (2004). "The final Galileo SSI observations of Io: orbits G28-I33". Icarus 169: 3–28. doi:10.1016/j.icarus.2003.10.014. 
  3. Lopes-Gautier, Rosaly; e o seu equipo. (1997). "Hot spots on Io: Initial results from Galileo's near-infrared mapping spectrometer". Geophysical Research Letters 24 (20): 2,439–2,442. doi:10.1029/97GL02662. 
  4. Lopes-Gautier, Rosaly; e o seu equipo. (1999). "Active Volcanism on Io: Global Distribution and Variations in Activity". Icarus 140: 243–264. doi:10.1006/icar.1999.6129. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Lopes, R. M. C.; e o seu equipo. (2004). "Lava lakes on Io: Observations of Io’s volcanic activity from Galileo NIMS during the 2001 fly-bys". Icarus 169: 140–174. doi:10.1016/j.icarus.2003.11.013. 
  6. Keszthelyi, L.; e o seu equipo. (2004). "A Post-Galileo view of Io's Interior". Icarus 169: 271–286. doi:10.1016/j.icarus.2004.01.005. 
  7. Spencer, J. R.; e o seu equipo. (2007). "Io Volcanism Seen by New Horizons: A Major Eruption of the Tvashtar Volcano". Science 318: 240–43. doi:10.1126/science.1147621. 
  8. Conferencia : Volcanic Activity of Io Monitored with Keck-10m AO in 2003-2004, por F. Marchis e o seu equipo, San Francisco, California (2004), editada dentro do libro :American Geophysical Union, Fall Meeting.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar