Un tubo capilar é un dispositivo de pequeno diámetro interior (0,8 a 2 mm) e grande lonxitude empregado nos sistemas de refrixeración como dispositivo de expansión e situado na entrada do evaporador.

Tubos capilares, con diferentes características de adhesión e forza vertical.
A válvula VET comunica o seu bulbo sensor de temperatura por medio dun tubo capilar.

Funcionamento en sistemas de refrixeración

editar

A expansión do fluído refrixerante obtense pola caída de presión ao seu paso polo tubo, é dicir, un aumento das perdas de carga debido a grande lonxitude e pequeno diámetro deste. Débese colocar un filtro de partículas antes do tubo para evitar obstrucións. Debido a súa lonxitude fixa o tubo capilar non pode acadar un axuste automático do caudal de fluído cara ao evaporador en función da súa carga térmica. Esta consideración fai resaltar que a alimentación por medio do tubo capilar resérvase aos evaporadores nos que a súa carga térmica varía pouco e cando se trata de potencias frigoríficas moderadas (instalacións domésticas de pequena potencia servidas por compresores herméticos).

Vantaxes

editar

As súas vantaxes fronte aos outros sistemas de expansión:

  • Sinxelo.
  • Fiable: non ten pezas móbiles.
  • Facilidade de reparación.
  • Non precisa recipiente de líquido.

Desvantaxes

editar
  • Rixidez: non permite adaptar o caudal de fluído refrixerante as variacións de carga térmica e de temperatura do medio.