Tubérculo de Darwin
O tubérculo de Darwin é un engrosamento cartilaxinoso do bordo da orella[1], presente en moitos seres humanos, interpretado coma un vestixio da punta da orella común en mamíferos. Trátase dun órgano vestixial, é dicir, un órgano cuxa función orixinal se perdeu durante a evolución. Está presente en arredor dun 10.4% da poboación mundial.[2]
Recibe o seu nome en honor a Charles Darwin, que o describiu no seu libro The Descent of Man como exemplo de característica vestixial que indicaba que o home tiña un antepasado común con outros primates, aínda que non foi Darwin quen lle chamou tubérculo de Darwin.
O xene que orixina o tubérculo de Darwin no home hérdase como un carácter autosómico dominante pero ten unha penetrancia xenética incompleta, o que significa que as persoas que posúen o xene non necesariamente presentarán o fenotipo.[3]
Notas
editar- ↑ Descrición do tubérculo de Darwin Arquivado 13 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "An anthropometric study of the ear in an adult population", International Journal of Anthropology, Issue Volume 1, Number 2 / June, 1986 ISSN 0393-9383
- ↑ Spinney, Laura (2008). "Vestigial organs: Remnants of evolution". New Scientist 198 (2656): 42. doi:10.1016/S0262-4079(08)61231-2.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Salesa Battle, Enrique (2005). Elsevier España, ed. Tratado de audiología. p. 57. ISBN 9788445815540.