Truth in Numbers? Everything, According to Wikipedia (en galego, A verdade está nos números? Todo, conforme a Wikipedia) é un filme estadounidense sobre a Wikipedia.

Truth in Numbers?
Ficha técnica
Na rede
http://truthinnumbersthemovie.com
IMDB: tt0960864 Filmaffinity: 935758 Rottentomatoes: m/truth_in_numbers_everything_according_to_wikipedia_2011 Allmovie: v533689 TV.com: movies/truth-in-numbers-everything-according-to-wikipedia Netlix: 70144316Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

 
Scott Glosserman, Nic Hill, e Jimmy Wales en Gdańsk.

A película explora, ante todo, a extraordinaria habilidade humana da comunicación e como foi desenvolvéndose. Móstranos o rexistro da historia e o seu propósito. Por outra banda, examina como os medios de comunicación capturan os acontecementos contemporáneos e os comunican ós seus consumidores. De seguido, a película fai fincapé nos arquivos de información organizada que chamamos enciclopedias. Explora o desafío á antiga forma de escribilas e explica tamén como a adopción masiva de Internet como instrumento de comunicación influíu en dito desafío. A película preséntanos aqueles grupos de persoas baseados na web que crearon vastas redes de coñecemento que continuamente poñen en xaque ós medios tradicionais de comunicación. A Wikipedia é entón presentada como o mellor exemplo deste relativamente novo fenómeno, ó ser o primeiro sitio que mobiliza verdadeiro potencial de Internet mediante a produción de coñecemento por parte de calquera persoa do planeta de forma gratuíta.

Estrea editar

O filme foi estreado en xuño de 2010 durante a conferencia de Wikimanía en Gdansk, e despois en Nova York o 20 de outubro de 2010[1].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar