Trunfo

Naipe ao que se lle outorga maior valor

 Trunfo é o pau que, en certos xogos de baralla, vence os demais por outorgárselle maior valor. Tamén se denomina así cada unha das cartas deste pau.[1]

As "corenta" nun xogo de tute no que trunfan copas.

Xogos por bazas

editar

Denomínanse xogos por bazas aqueles cuxa mecánica consiste en que cada participante por quenda debe xogar unha carta, cuxa elección pode estar limitada por certas regras que establezan en que casos ten a obriga de "asistir" (xogar unha carta do pau de saída), "montar" (superar o valor da carta de saída), "fallar", é dicir, terá xogar unha carta do pau de trunfo ou "pisar", é dicir, xogar unha carta de trunfo superior á xa xogada. Cando todos o fixeron, as normas de cada xogo determinan o gañador desa baza e os seus efectos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar