A tropomodulina é unha proteína que se une á actina que regula a elongación e despolimerización dos microfilamentos por bloqueo do extremo (-) do polímero. A proteína funciona bloqueando fisicamente a disociación espontánea dos monómeros de actina unidos a ADP no extremo (-) da fibra de actina. A súa presenza é especialmente salientable en asociación coa actina dos filamentos delgados do músculo estriado. En ensaios feitos en tecido embrionario de polo, a inactivación da tropomodulina por adición de anticorpos específicos produce unha clara elongación dos microfilamentos no seu extremo (-), e unha redución na capacidade de contracción celular; este feito suxire cal é a súa función en ambos os procesos: a contracción muscular e o control da lonxitude da actina F.[1] En humanos describíronse catro xenes que codifican tropomodulinas, que son: TMOD1,[2] TMOD2,[3] TMOD3[4] e TMOD4.[5]

Dominio C-terminal dunha tropomodulina.

Notas editar

  1. Carol C. Gregorio, Annemarie Weber, Meredith Bondad, Cynthia R. Pennise, Velia M. Fowler. "Requirement of pointed-end capping by tropomodulin to maintain actin filament length in embryonic". Nature. Consultado o 16 de novembro de 2014. 
  2. "Entrez Gene: TMOD1 tropomodulin 1". 
  3. Cox PR, Zoghbi HY (2000). "Sequencing, expression analysis, and mapping of three unique human tropomodulin genes and their mouse orthologs". Genomics 63 (1): 97–107. PMID 10662549. doi:10.1006/geno.1999.6061. 
  4. "Entrez Gene: TMOD3 tropomodulin 3 (ubiquitous)". 
  5. Almenar-Queralt A, Lee A, Conley CA, Ribas de Pouplana L, Fowler VM (1999). "Identification of a novel tropomodulin isoform, skeletal tropomodulin, that caps actin filament pointed ends in fast skeletal muscle". J. Biol. Chem. 274 (40): 28466–75. PMID 10497209. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2014.