Trond Sollied
Trond Sollied, nado o 29 de abril de 1959 en Mo i Rana, é un ex-futbolista e adestrador noruegués.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1959 (65 anos) Mo i Rana, Noruega (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Norwegian School of Sport Sciences (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Noruega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarPrincipiou a súa carreira no Mo IL, pasando logo ao Vålerenga. A continuación xogou 6 tempadas no Rosenborg BK, o principal club noruegués, e foi 15 veces internacional coa selección norueguesa, anotando un gol. Formouse como adestrador na Escola de Ciencias Deportivas de Noruega[1] e en 1993 puxo fin á súa carreira como xogador despois dun ano como xogador-adestrador do FK Bodø/Glimt, tempada na que o club subiu á máxima categoría. En 1997 exerceu como axudante do adestrador do Rosenborg Nils Arne Eggen, e o equipo gañou a liga. Na tempada seguinte Sollied ocupou o posto de Eggen e o equipo gañou outra volta a liga,
En 1999 estableceuse en Bélxica e gañou varios títulos co FC Brugge que adestrou durante 5 tempadas. Logo adestrou ao Olympiacos F.C.. Tras a súa chegada gañou o título e a copa, pero na tempada seguinte o equipo quedou eliminado ao inicio da clasificación da Copa de Europa o que lle custou o seu posto, malia un bo comezo na liga, e cesou o 28 de decembro de 2006.
En xuño de 2007 volveu co K.A.A. Gent, que xa adestrara en 1999, e logrou que o club chegase á final da Copa de Bélxica. En marzo de 2008 firmou co club neerlandés SC Heerenveen.[2] no que permaneceu ata agosto de 2009.[3]
En 2010 adestrou brevemente ao Al-Ahli, mais despedírono despois de só tres partidos.[4] O 3 de xaneiro de 2011 firmou co equipo belga Lierse para salvalo do descenso,[5] lográndoo.[6] En 2011 volveu por terceira volta ao Gent,[7] pero cesou o 23 de outubro de 2012 co equipo no sétimo lugar da liga.[8]
Notas
editar- ↑ "40 år og fortsatt full fart". Aftenposten. 5 de setembro de 2008.
- ↑ Kommer ikke for å bli nummer fire, VG, 25 de marzo de 2008
- ↑ sc Heerenveen en Trond Sollied uit elkaar Arquivado 03 de setembro de 2009 en Wayback Machine., Heerenvenn
- ↑ "Trond Sollied sparket etter tre kamper". vg.no (en Norwegian). Verdens Gang. 30 de agosto de 2010.
- ↑ tv2.no, ed. (3 January 2011). "Sollied klar for Lierse". TV 2. Consultado o 10 February 2012.
- ↑ tv2.no, ed. (3 de xaneiro de 2011). "Sollied klar for Lierse".
- ↑ "Sollied til Gent". Verdens Gang. 6 de xuño de 2011.
- ↑ "Trond Sollied ferdig i Gent". Verdens Gang. 23 de outubro de 2012.