Trofeo Ciudad de Oviedo

O Trofeo Ciudad de Oviedo foi un torneo futbolítico de verán que tiña lugar no estadio Carlos Tartiere en Oviedo no mes de agosto. Foi organizado entre 1976 e 1996, aínda que houbo varios anos nos que non se celebrou[1].

Historia editar

Dende a súa creación ata o ano 1979, recibiu o nome de Trofeo Presidente. Entre 1980 a 1987, foi chamado Trofeo Ciudad de Oviedo, nome que tamén lle foi dado entre 1993 e 1996. No intervalo que vai dende 1988 ata 1992, foi coñecido como Trofeo Caja de Ahorros de Asturias.

Nas dúas primeiras edicións participarons catro equipos nun formato de eliminatorias, mudando despois a un formato triangular que se mantería entre 1978 e 1988, e tamén na edición de 1993. De 1989 ata 1996, disputouse a partido único entre dous equipos, coa excepción da antedita edición de 1993. O torneo non foi disputado nos anos 1981 e 1983.

Palmarés editar

Ano Campión Subcampión Terceiro clasificado Cuarto clasificado
1976   Os Belenenses   Sporting de Xixón   Sporting de Lisboa /   Real Oviedo -
1977   Racing de Santander   Real Oviedo   Burgos CF   UP Langreo
1978   Deportivo da Coruña   Real Avilés   Real Oviedo -
1979   Burgos CF   Real Oviedo   Racing de Santander -
1980   Sporting de Xixón   Real Oviedo   Athletic Club -
1981 Non se disputou
1982   Real Oviedo   UD Salamanca   Real Valladolid -
1981 Non se disputou
1984   Real Oviedo   Osasuna   Racing de Santander -
1985   Real Oviedo   Sporting de Xixón   Celta de Vigo -
1986   Sporting de Xixón   Real Oviedo   Sestao Sport Club -
1987   Real Oviedo   Pumas UNAM   Real Valladolid -
1988   Real Oviedo   Boca Juniors - -
1989   Palmeiras   Real Oviedo - -
1990   Bayer Leverkusen   Real Oviedo - -
1991   Real Oviedo   Hajduk Split - -
1992   Real Oviedo   Dinamo de Bucarest - -
1993   AC Milan   Real Oviedo   FC Barcelona -
1994   FC Barcelona   Real Oviedo - -
1995   Real Oviedo   Racing de Santander - -
1996   FC Barcelona   Real Oviedo - -

Títulos por clubs editar

Equipo Títulos Anos
  Real Oviedo 8 1982, 1984, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1995
  Sporting de Xixón 2 1980, 1986
  FC Barcelona 2 1994, 1996
  Os Belenenses 1 1976
  Racing de Santander 1 1977
  Deportivo da Coruña 1 1978
  Burgos CF 1 1979
  Palmeiras 1 1989
  Bayer Leverkusen 1 1990
  AC Milan 1 1993

Notas editar

  1. Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation (ed.). "Trofeo Presidente - Ciudad de Oviedo (1976-1996)".