Tricio

isótopo do hidróxeno con dous neutróns
(Redirección desde «Tritio»)

O tricio[1] ou tritio[2], terceiro isótopo do hidróxeno, é o menos común. O seu núcleo consta dun protón e dous neutróns. É un isótopo radioactivo que ten unha vida media de 12,3 anos.

Modelo do isótopo tritio.

Características

editar

O ter no seu núcleo tres nucleóns que participan na interacción forte, e só un protón cargado electricamente, co tritio pódese realizar fusión nuclear máis facilmente que co isótopo máis común do hidróxeno.

O tritio(Hidróxeno-3) é un isótopo de gas hidróxeno. Pode ser feito polo ser humano, pero tamén é unha substancia que se produce naturalmente pola acción de raios cósmicos e a degradación do núclido radioactivo natural en rochas e na terra. É un gas incoloro e inodoro, máis livián que o aire. Está presente no aire e na auga en todo o mundo e é habitualmente inxerido e respirado por todos. Todos os seres humanos temos trazas de tritio así como outros isótopos radioactivos que ocorren naturalmente.

Moitos isótopos son estables e reteñen a súa estrutura indefinidamente. Porén, algúns isótopos, incluído o tritio, non son estables e dise que son radioactivos. A medida que o núcleo do tritio se degrada, emite un electrón, causando unha liberación de enerxía en forma de radiación beta. Formase entón un novo núcleo con dous protóns e un neutrón, de forma tal que se converte nunha forma non radioactiva de helio.

As emisións de tritio beta son moi febles. Non se emite ningunha outra radiación primaria. En efecto, o tritio emite o nivel máis baixo de enerxía por radiación beta que todos os isótopos. As partículas beta son facilmente detidas por finas capas de calquera material sólido.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tricio.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tritio.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar