A tritanopia é unha disfunción visual relacionada coa percepción da cor. Consiste na carencia de sensibilidade á cor azul, denominada tamén dicromacia azul. Trátase dunha das alteracións da visión cromática menos frecuentes e prodúcese cando os tritaconos, é dicir os conos que captan a porción azul do espectro visible, experimentan unha perda de actividade. As persoas afectadas sofren unha maior perda na percepción do espectro que aquelas que posúen deuteranopia ou protanopia.

Espectro que visualiza unha persoa con tritanopia.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.