Tristana Moraleja

política española

Tristana María Moraleja Gómez, nada en 1971 en Lugo, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.

Tristana Moraleja
Tristana Moraleja.jpg
Nacemento17 de agosto de 1971
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Alcalá
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Económicas pola Universidade de Alcalá, ten un mestrado en Administración financeira tributaria pola Universidade da Coruña. Comezou a traballar na Xunta de Galicia en 1999, onde ocupou postos relevantes nas consellerías de Familia, Economía e Facenda, Asuntos Sociais, Política Territorial ou Traballo. En 2000 pasou a traballar no departamento económico-financeiro do Porto da Coruña, ata que en 2003 aprobou as oposicións do grupo A e volveu á administración autonómica. En 2009 foi designada xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña. En 2011 presentouse ás eleccións locais no concello de Oleiros en postos do remate da lista, e uns meses máis tarde foi escollida nos postos de saída da lista do Partido Popular nas Eleccións ao Congreso dos Deputados, por onde resultou elixida.

Foi candidata á alcaldía de Oleiros nas eleccións municipais de 2015.[1] Repetiu nas listas do PP ao Congreso pola Coruña, de número 2, nas Eleccións xerais de abril e nas de novembro de 2019.

Vida persoalEditar

Vive en Perillo, Oleiros.[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar