A trikitixa (en vasco estándar, [trikitiʃa]), trikiti (nalgunha variedade, [trikiti]) ou eskusoinu txiki ([es̺kus̺oɲu tʃiki]) é un acordeón diatónico. É un instrumento que provén do País Vasco. En ocasións utilízase este termo para designar un baile ou estilo de música, mesmo hai quen chama trikitixa ao dúo que forman pandeiro e acordeón diatónico obtendo este nome como onomatopea do son do pandeiro: trikiti trikiti trikiti.

Trikitixa e pandeiro tocando en Éibar.

A trikitixa e o pandeiro están moi ligados, tanto é así que é moi difícil ver alguén tocando este instrumento sen unha parella que marque un ritmo co pandeiro.

No País Vasco, axiña se fixo oco este instrumento para interpretar música popular, xa que ademais de ter un son moi completo, é moi pequeno e doado de levar a calquera lugar. É moi común ver os intérpretes tocaren este instrumento de pé ou andando cando tocan nunha romaría.

Á persoa que toca a trikitixa chámaselle trikitilari.

Trikitilaris de sona no País Vasco

editar
 
Joseba Tapia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar