Tribunal Supremo de Israel
O Tribunal Supremo de Israel é a máxima institución xudicial do Estado de Israel. A Lei Básica: o poder xudicial (1984) regula as súas competencias, composición e funcionamento. A súa sede está en Xerusalén.
Tribunal Supremo de Israel | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | corte suprema ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Cargo dirixente | President of the Supreme Court of Israel (en) ![]() ![]() | |||
Presidente/a
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1948 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Israel ![]() | |||
Sede | Supreme Court of Israel building (en) ![]() ![]() | |||
Xurisdición | Israel ![]() | |||
Ligazóns | ||||
Páxina WEB | supreme.court.gov.il ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Características
editarO Tribunal Supremo está á cabeza do sistema xudicial do Estado de Israel e ten unha dupla función. Dunha parte é a máxima instancia de apelación en material civil e penal e doutra encárgase da revisión xudicial das medidas do goberno.[1][2]
Os fallos do Tribunal Supremo son de obrigado cumprimento no país agás para ela mesma, seguindo o principio de stare decisis.[3] As súas decisións gañan notoriedade internacional cando se pronuncian sobre cuestións derivadas do conflito árabe-israelí, os dereitos dos árabes de Israel ou a corrupción no goberno.
O número de xuíces determínao a Knesset, actualmente está fixado en 15. Os seus membros son designados polo Presidente do Estado de Israel seguindo o consello dunha comisión especial composta por xuíces do Tribunal Supremo, do Colexio de Avogados e personalidades públicas.[4] Os xuíces son cargos vitalicios pero cesan ao cumprir os 70 anos de idade, aquel que leve máis tempo servindo no Tribunal é o presidente.[5]
Notas
editar- ↑ "The Judiciary: The Court System" (en inglés). Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel]. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Israel’s high court unique in region". The Boston Herald (en inglés). 9 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Legal Research Guide: Israel". Library of Congress. Consultado o 31-1-2021.
- ↑ "Estado: poder xudicial". Embaixada de Israel en Madrid. Consultado o 31-1-2021.
- ↑ "Basic Law: judiciary (1984)". Knesset. Consultado o 31-1-2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial do Tribunal Supremo de Israel Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)