A dos triópsidos (Triopsidae) é unha familia de crustáceos da clase dos branquiópodos, a única comprendida na orde dos notostráceos.[1] As súas especies coñécense como camaróns cágado.

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1909 polo xeólogo alemán Konrad Keilhack,[1] nun traballo publicado en Brauer's Süsswasserf. Deutschl. 10: 7.[2]

Etimoloxía editar

O nome Triopsidae está formado pola adición ao nome do seu xénero tipo, Triops, o sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

Xéneros editar

A familia comprende tan só dous xéneros:[1]

Características editar

Ambos os dous xéneros considéranse fósiles viventes, xa que existen formas similares desde o Devoniano. O corpo está formado por tres tagmas: céfalon, tórax e pleon; os dous primeiros e parte do pleon están cubertos por unha casca dorsal, ancha e plana, en forma de escudo,[3] que oculta a cabeza. Esta casca fainos inconfundíbeis e recordan un pouco aos cangrexos de ferradura (orde dos xifosuros, da clase dos merostomados), animais mariños de moito maior tamaño.[4]

Teñen un par de ollos copostos, sésiles, e mais un naupliano. O abdome é longo, parece segmentado e leva numerosos pares de patas aplanadas. O tórax consta de 11 segmentos, cada un cun par de apéndices (toracópodos) de tipo filopodial, é dicir, aplanados, foliáceos e lobulados. O pleon consta de 13 a 33 segmentos, con 29 a 52 pares de apéndices (pleópodos), de estrutura similar aos toracópodos. O telson posúee un par de cercos anelados moi longos.

A plasticidade fenotípica entre os taxons dificulta a identificación a nivel de especie, e vese agravada aínda máis pola variación no modo de reprodución.

Son omnívoros que viven no fondo de pozas temporais e lagos pouco profundos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Triopsidae Keilhack, 1909 no WoRMS. Consultado o 4 de marzo de 2022.
  2. Triopsidae no GBIF. Consultado o 4 de marzo de 2022.
  3. Denton Belk (2007): "Branchiopoda". En Sol Felty Light & James T. Carlton. The Light and Smith Manual: Intertidal Invertebrates from Central California to Oregon (4th ed.). Oakland, California: University of California Press. ISBN 978-0-5202-3939-5, pp. 414–417.
  4. García de Lomas & Jordi Sala 2015.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fryer, G. (1988): "Studies on the functional morphology and biology of the Notostraca (Crustacea: Branchiopoda). Philosophical Transactions of the Royal Society London Series B 321: 27–124.
  • García de Lomas, Juan e Jordi Sala, Miguel Alonso (2015): "Clase Branchiopoda, Orden Notostraca". Revista IDE@ - SEA', 71: 1–10. Ver en liña.
  • Longhurst, Alan L. (1955): "A review of the Notostraca". Bulletin of the British Museum (Natural History) Zoological Series 3 (1): 3–57.
  • Martin, J. W. & G.E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea.