Traxedia de Hillsborough

Coordenadas: 53°24′41″N 1°30′06″O / 53.4115, -1.5016

A traxedia de Hillsborough tivo lugar o 15 de abril de 1989 no estadio de Hillsborough situado en Sheffield, no norte da Inglaterra no momento do partido de fútbol entre o Liverpool FC e o Nottingham Forest. 95 seguidores morreron o día mesmo como consecuencia dunha avalancha nun dos fondos, namentres que Tony Bland, que sobreviviu catro anos en coma, foi a 96ª vítima.

Monumento de pedra en lembranza das 96 vítimas da traxedia

Historia editar

A pescuda posterior concluíu que as causas non tiveron nada que ver con ningunha acción violenta por parte de afeccionados, senón que foran o exceso de espectadores e o mal estado do estadio, que non cumpría os requisitos de seguridade necesarios, os causantes do acontecemento.

A Traxedia produciuse catro anos despois da "Traxedia de Heysel", na que tamén estiveran implicados os afeccionados do Liverpool FC, e que lles custara aos equipos ingleses unha sanción da UEFA de cinco anos sen poder participar en competicións europeas.

Pese a que os feitos de Hillsborough non estaban directamente provocados por actos violentos, foron a espoleta para que o goberno de Margaret Thatcher se decidise a actuar con contundencia e creara a "Football Spectators Act" e o "Informe Taylor" para reducir o fenómeno do "hooliganismo" e mellorar a seguridade nos estadios.