Tratado de Waitangi

O Tratado de Waitangi (en inglés: the Treaty of Waitangi, en maorí: Te Tiriti o Waitangi) asinouse o 6 de febreiro de 1840 en Waitangi, na Baía das Illas, Nova Zelandia. Foi asinado por representantes da coroa británica, e xefes maorís da Illa Norte. O residente británico, James Busby, xa convencera a aproximadamente 35 destes xefes a que pretendesen a independencia baixo a denominación de "Confederación das Tribos de Nova Zelandia". O documento rubricado en Waitangi foi despois entregado a outras localidades do norte para obter firmas maorís adicionais.[1][2][3]

Unha das poucas copias do Tratado.

The Treaty (como o chaman frecuentemente os neozelandeses), xustificaba que os ingleses fixesen de Nova Zelandia unha colonia británica. Hoxe considérase o punto fundacional de Nova Zelandia como nación.

Mentres, o gran problema radica en que se asinaron dúas versións, unha en inglés e outra en maorí, e ambas teñen puntos discordantes. A versión maorí di que eles aceptan a permanencia dos británicos a costa da protección permanente por parte da coroa. A versión británica di que os maorís sométense á coroa a cambio da protección británica. Por exemplo, o uso da palabra kawanatanga, que aparece no Tratado para expresar o concepto da soberanía.

Antecedentes editar

Debido á natureza sen lei do asentamento europeo e do crecente interese francés polo territorio, en 1832 o goberno británico enviou a James Busby como representante británico cara a Nova Zelandia[4]. Busby non puido levar a lei e a orde á colonia europea, pero si puido supervisar a introdución da primeira bandeira nacional o 20 de marzo de 1834. En outubro de 1835, tras un anuncio polo que impedían a soberanía francesa, a efémera nación das Tribos Unidas de Nova Zelandia enviou a Declaración de independencia de Nova Zelandia ao rei Guillerme IV do Reino Unido, pedíndolle protección[4].

Os continuos disturbios e a acción legal da Declaración de independencia, levaron a que a Oficina Colonial enviase o capitán William Hobson a Nova Zelandia para reclamar a soberanía da Coroa británica e negociar un tratado cos maorís.

Tratado de compensación editar

En 2008 sete Iwi, representando unhas 100.000 persoas, asinaron un tratado de compensación co estado polas inxustizas xurdidas do tratado de Waitangi. Segundo este, o estado entregará ás tribos unhas 176.000 hectáreas de terreos forestais, e os seus dereitos de explotación, evaluados nuns 316 millóns de US$. A licenza de explotación dos terreos estará a nome da empresa semiestatal CNI Isi Holdings Limited, cun 13,3% de participación estatal, e o 86,7% restante de participación maorí.[5]

Notas editar

  1. "Treaty of Waitangi". Waitangi Tribunal. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2011. 
  2. C. Orange.The Treaty of Waitangi.Bridget Willians .1987.Appendices P 260
  3. "In 1840 the document served its original purpose-to proclaim British sovereignty over the country and bring it into ...the British Empire". Nga Iwi O Te Motu .p35.Michael King.Reed. Auckland 2001.
  4. 4,0 4,1 James Rutherford (2009). A. H. McLintock, ed. "Busby, James". Te Ara - Enciclopedia de Nova Zelandia (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  5. O Goberno e sete tribos maorís asinan un acordo sobre disputa de terras. EFE, por medio de Terra Networks (25/06/2008).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar