Tratado de Sugauli

O Tratado de Sugauli estableceu a liña fronteiriza do Nepal tras a guerra anglo-nepalesa de 1814-16. O acordo entre a Compañía Británica das Indias Orientais e o reino do Nepal asinouse o 2 de decembro de 1815. Non obstante, as autoridades nepalesas non o ratificaron[1] e as hostilidades recomezaron en xaneiro de 1816. Finalmente, ratificouse o 4 de marzo de 1816.

Representación artística, realizada en 1849, do encontro das delegacións para a sinatura do Tratado de Sugauli
Efectos territoriais do Tratado de Sugauli.
Mapa de Hindostán ou India (1814) por Mathew Carey.

Contexto editar

Tras a unificación do Nepal baixo Prithvi Narayan Shah, o novo reino intentou ampliar os seus dominios, coa conquista de boa parte de Sikkim ao leste mentres no oeste expandiuse polas bacías do Gandaki e Karnali mais nas rexións de Garhwal e Kumaon de Uttarakhand. Esta actividade levou a que Nepal entrase en conflito cos británicos, que controlaban directa ou indirectamente as chairas do norte da India entre Delhi e Calcuta. Sucedéronse entre 1814 e 1816 unha serie de campañas coñecidas como guerra anglo-nepalesa. En 1815, o xeneral británico David Ochterlony expulsou os nepaleses de Garhwal e Kumaon ata a outra beira do río Kali[2][3], finalizando os seus doce anos de ocupación, período recordado pola súa brutalidade e represión[4].

Octherlony ofreceu un tratado de paz aos nepaleses esixindo o establecemento dun representante británico permanente na capital e a delimitación do territorio nepalés que levaba aparellada a cesión de territorio aos británicos. A negativa nepalesa a acceder a esas condicións levou a outra campaña no val de Katmandú no ano seguinte e á ratificación do tratado polo goberno nepalés[5][6].

Termos do acordo editar

Nepal tivo que ceder aos británicos todos os territorios que conquistara ao oeste e ao leste Nepal, renunciar a calquera reclamación sobre a disputada rexión de Terai e aceptar un representante permanente británico en Katmandú porén a diferenza dos estados indios, Nepal mantivo a súa independencia e non se converteu nun protectorado británico[7]. O manuscrito orixinal do tratado permanece desaparecido[8].

Disputas persistentes editar

Ningún goberno nepalés reclamou os territorios perdidos pero hai pequenos grupos que reclaman que a India devolva esas rexións[9].Existen reclamacións territorias por pequenas zonas fronteirizas por non concordaren os gobernos nepalés e indio na interpretación do tratado[10], as máis significativas son os territorios de Susta e Kalapani[11]que entre os dous cobren uns 40 km desa fronteira[12].

Notas editar

  1. Bernardo A. Michael (2014). Statemaking and Territory in South Asia: Lessons from the Anglo–Gorkha War (1814–1816). Anthem Press. p. 12. 
  2. Whelpton, A History of Nepal (2005), p. 41-42.
  3. Rose, Nepal – Strategy for Survival (1971)
  4. Whelpton, A History of Nepal (2005), p. 58.
  5. Whelpton, A History of Nepal (2005)
  6. Rose, Nepal – Strategy for Survival (1971)
  7. "Treaty of Sagauli". Encyclopædia Britannica. 
  8. "Original copies of both Sugauli Treaty and Nepal-India Friendship Treaty are missing". The Kathmandu Post. 13 de agosto de 2019. 
  9. "Greater Nepal activists stage protest against Treaty of Sugauli". onlinekhabar. 4 de marzo de 2016. 
  10. Edgar Thorpe e Showick Thorpe (2008). General Knowledge Manual 2009. Pearson Education India. p. 3.62. 
  11. "India and Nepal Tackle Border Disputes". The Diplomat. 22 de setembro de 2014. 
  12. "Nepal aims to settle boundary dispute with India in 4 years". The Kathmandu Post. 6 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2018. Consultado o 21 de maio de 2020. 

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Tratado e documentos relacionados