Transmissions from the Satellite Heart

Transmissions from the Satellite Heart é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 22 de xuño de 1993 a través do selo Warner Bros. Records.[1] O seu cuarto tema, "She Don't Use Jelly", destaca por ter sido o primeiro éxito na radio do grupo, despois de que o seu vídeo aparecese no programa da MTV Beavis and Butt-Head, case un ano despois do lanzamento do disco. "Turn It On" foi un sinxelo que tamén colleitou un éxito moderado e tivo dous vídeos musicais distintos. O álbum marcou a marcha de Jonathan Donahue (a Mercury Rev) e de Nathan Roberts, e o ingreso do guitarrista Ronald Jones e do batería Steven Drozd.

Transmissions from the Satellite Heart
Álbum de The Flaming Lips
Publicado22 de xuño de 1993
Gravaciónxaneiro - febreiro de 1993
Duración43:04
Xénero(s)rock alternativo, noise pop, neopsicodelia, noise rock
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porThe Flaming Lips, Keith Cleversley
Cronoloxía
Hit to Death in the Future Head Transmissions from the Satellite Heart Clouds Taste Metallic

O EP Due to High Expectations... The Flaming Lips Are Providing Needles for Your Balloons publicouse no ano seguinte para promocionar o álbum e contaba con versións ao vivo de "Chewin the Apple of Your Eye" e "Slow•Nerve•Action". A portada do EP é semellante á de Transmissions from the Satellite Heart.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por The Flaming Lips agás onde se indique.

N.º Título Duración
1. "Turn It On"   4:39
2. "Pilot Can at the Queer of God"   4:16
3. "Oh My Pregnant Head (Labia in the Sunlight)"   4:06
4. "She Don't Use Jelly"   3:40
5. "Chewin the Apple of Your Eye"   3:52
6. "Superhumans"   3:13
7. "Be My Head"   3:15
8. "Moth in the Incubator"   4:12
9. "Plastic Jesus" (Ed Rush, George Cromarty) (listada como "★★★★★★★") 2:18
10. "When Yer Twenty Two"   3:34
11. "Slow•Nerve•Action"   5:55

Notas editar

  1. Discogs (ed.). "The Flaming Lips ‎– Transmissions From The Satellite Heart". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.