Transit foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos.[1]

Transit 3-A antes do lanzamento.

Características editar

Os satélites Transit foron satélites desenvolvidos inicialmente pola Armada dos Estados Unidos para servir de axuda á navegación. O desenvolvemento comezou en 1958 e foron pensados para dar principalmente servizo aos submarinos Polaris aínda que despois comezaron a ser usados por axencias civís. O servizo prestado polos Transit deixou de funcionar como tal en 1996, substituído polos máis modernos GPS e Navstar. Lanzáronse entre 1959 e 1988.[1]

Transit 1A e 1B editar

Os dous primeiros satélites Transit tiñan forma aproximadamente esférica e 119 kg de masa e estabilizábanse mediante xiro, producindo a súa enerxía mediante células solares na súa superficie. Transit 1A foi lanzado mediante un Thor Able 2 o 17 de setembro de 1959, pero non chegou a órbita por un fallo no foguete. Transit 1B foi lanzado exitosamente o 13 de abril de 1960 usando un Thor Ablestar. Foi o primeiro satélite que fixo un reacendido dos seus motores no espazo e demostrou a viabilidade de usar satélites como axuda á navegación.[2][1]

Transit 2A e 2B editar

Transit 2A foi lanzado con éxito o 22 de xuño de 1960 a bordo dun Thor Ablestar, mentres que Transit 2B non chegou a ser lanzado nunca. Transit 2A, similar aos Transit 1, levaba entre os seus instrumentos, ademais dos transmisores de radio para navegación, un radiómetro para medir o ruído cósmico, un medidor infravermello e sensores de temperatura. A enerxía era producida por células solares alimentando unha batería de níquel-cadmio. Os transmisores funcionaban a frecuencias de 54, 162, 216 e 324 MHz.[3][1]

Transit 3A e 3B editar

Transit 3A non chegou a órbita debido a un fallo no seu foguetes lanzadore, un Thor Ablestar, o 30 de novembro de 1960. Transit 3B foi lanzado xunto co satélite LOFTI 1 o 22 de febreiro de 1961, tamén mediante un Thor Ablestar, pero debido a un fallo dun compoñente electrónico os satélites non chegaron a separarse da última etapa do foguete, permanecendo o conxunto en órbita. Con todo, Transit 3B estivo transmitindo durante un tempo.[4][1]

 
Transit 4A xunto con Injunt 1 e Solrad-3.

Transit 4A e 4B editar

Tanto Transit 4A como 4B foron lanzados con éxito mediante foguetes Thor Ablestar, o primeiro o 29 de xuño de 1961 e o segundo o 15 de novembro dese mesmo ano. A diferenza dos anteriores Transit, estes tiñan forma de cilindro de 109 cm de diámetro e 79 cm de alto, cunhas masas de 79 (Transit 4A) e 86 kg (Transit 4B). A enerxía eléctrica que os alimentaba proviña das células solares que recubrían as súas superficies. Os dous satélites levaban a bordo tamén fontes de enerxía nucleares SNAP 3 experimentais.[5][1]

Transit-5A 1, 2 e 3 editar

Os tres satélites Transit de tipo 5A foron prototipos lanzados mediante foguetes Scout X-3 entre 1962 e 1963, co segundo satélite non chegando a órbita por fallo do foguete. Eran satélites máis pequenos que os anteriores, de forma cilíndrica e con catro paneis solares, ademais dun mastro despregable para estabilizar os satélites mediante gradente gravitatorio.[6][1]

Transit-5BN 1, 2 e 3 editar

Os tres satélites Transit de tipo 5BN eran similares aos 5A pero estaban alimentados exclusivamente mediante fontes nucleares RTG de tipo SNAP-9A. O 1 e o 2 foron lanzados con éxito en 1963 mediante foguetes Thor Ablestar, mentres que o terceiro non chegou a órbita por un problema co foguete lanzador, despois do cal decidiuse que o resto de satélites Transit usarían paneis solares.[7][1]

Transit-5C 1 e 2 editar

Transit-5C 1 foi lanzado o 4 de xuño de 1964 a bordo dun Scout X-4, mentres que a segunda unidade nunca foi lanzada. Era similar aos Transit 5A pero cun redeseño para maior eficiencia.[8][1]

Transit-5E 1 editar

Artigo principal: Transit-5E 1.

Transit-5E 1 foi lanzado o 28 de setembro de 1963 mediante un Thor Ablestar, tiña unhas maas de 59 kg e catro paneis solares. Foi un satélite adicado máis á investigación, para estudar a contorna doutros satélites Transit.[9][1]

Transit-5E 2 editar

Transit-5E 2 foi lanzado o 21 de abril de 1964 mediante un foguete Thor Ablestar, pero non chegou a órbita por un fallo no foguete. A súa misión era similar á de Transit-5E 1.[10][1]

 
Un satélite Transit-O.

Transit-5E 3 editar

Transit-5E 3 foi lanzado con éxito o 5 de decembro de 1963 mediante un foguete Thor Ablestar cunha misión similar a Transit-5E 1 e 2. Funcionou ata o 19 de xullo de 1964.[11][1]

Transit-5E 4 editar

Transit-5E 4 debería ter tido unha misión similar ao resto de Transit-5E, pero finalmente foi cancelado.[12][1]

Transit-5E 5 editar

Transit-5E 5 foi posto en órbita mediante un foguete Thor Ablestar o 13 de decembro de 1964. Como o resto de satélites da serie, era un satélite de investigación adicado a estudar a contorna do resto de satélites Transit.[13][1]

Transit-O editar

Transit-O foi a denominación dos satélites Transit operativos. Lanzáronse 24 entre 1964 e 1988 dos 32 planificados inicialmente, cos oito restantes ou non sendo lanzados ou modificados para outras funcións.[14][1]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14]
Transit 1A 17 de setembro de 1959 Thor Able Fallo
Transit 1B 13 de abril de 1960 Thor Ablestar Éxito
Transit 2A 22 de xuño de 1960 Thor Ablestar Éxito
Transit 3A 30 de novembro de 1960 Thor Ablestar Fallo
Transit 3B 22 de febreiro de 1961 Thor Ablestar Fallo parcial
Transit 4A 29 de xuño de 1961 Thor Ablestar Éxito
Transit 4B 15 de novembro de 1961 Thor Ablestar Éxito
Transit-5A 1 19 de decembro de 1962 Scout X-3 Éxito
Transit-5A 2 5 de abril de 1963 Scout X-3 Fallo
Transit-5A 3 16 de xuño de 1963 Scout X-3 Éxito
Transit-5BN 1 28 de setembro de 1963 Thor Ablestar Éxito
Transit-5E 1 28 de setembro de 1963 Thor Ablestar Éxito
Transit-5BN 2 5 de decembro de 1963 Thor Ablestar Éxito
Transit-5E 3 5 de decembro de 1963 Thor Ablestar Éxito
Transit-5BN 3 21 de abril de 1964 Thor Ablestar Fallo
Transit-5C 1 4 de xuño de 1964 Scout X-4 Éxito
Transit-5E 2 21 de abril de 1964 Thor Ablestar Fallo
Transit-5E 5 13 de decembro de 1964 Thor Ablestar Éxito
Transit-O 1 6 de outubro de 1964 Thor Ablestar Éxito
Transit-O 2 13 de decembro de 1964 Thor Ablestar Éxito
Transit-O 3 11 de marzo de 1965 Thor Ablestar Fallo
Transit-O 4 24 de xuño de 1965 Thor Ablestar Éxito
Transit-O 5 13 de agosto de 1965 Thor Ablestar Éxito
Transit-O 6 22 de decembro de 1965 Scout A Éxito
Transit-O 7 28 de xaneiro de 1966 Scout A Éxito
Transit-O 8 26 de marzo de 1966 Scout A Éxito
Transit-O 9 19 de maio de 1966 Scout A Éxito
Transit-O 10 18 de agosto de 1966 Scout A Éxito
Transit-O 12 14 de abril de 1967 Scout A Éxito
Transit-O 13 18 de maio de 1967 Scout A Éxito
Transit-O 14 25 de setembro de 1967 Scout A Éxito
Transit-O 18 2 de marzo de 1968 Scout A Éxito
Transit-O 19 27 de agosto de 1970 Scout A Éxito
Transit-O 20 30 de outubro de 1973 Scout A1 Éxito
Transit-O 24 3 de agosto de 1985 Scout G1 Éxito
Transit-O 30 3 de agosto de 1985 Scout G1 Éxito
Transit-O 27 16 de setembro de 1987 Scout G1 Éxito
Transit-O 29 16 de setembro de 1987 Scout G1 Éxito
Transit-O 23 26 de abril de 1988 Scout G1 Éxito
Transit-O 32 26 de abril de 1988 Scout G1 Éxito
Transit-O 25 25 de agosto de 1988 Scout G1 Éxito
Transit-O 31 25 de agosto de 1988 Scout G1 Éxito

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 Mark Wade (2020). "Transit" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit 1A, 1B" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit 2A, 2B" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Transit 3A, 3B" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit 4A, 4B" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5A 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5BN 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5C 1, 2" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5E 1 (S/N 39)" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5E 2 (S/N 40)" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5E 3 (S/N 41 ?)" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5E 4 (S/N 42 ?)" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-5E 5 (S/N 43)" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Transit-O (NNS, Oscar)" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar