Trío Vegabajeño

O trío Vegabajeño foi un trío portorriqueño de música latinoamericana formado en 1943. Destacaron no xénero do bolero.

Traxectoria editar

Formouse ao coincidiren nun campamento militar Fernandito Álvarez, Octavio González e Benito de Jesús. Ao pouco de se unir na agrupación musical fixeron a súa presentación radiofónica, no programa de Rafael Quiñones Vidal, onde foron bautizados como Trío Vegabajeño, que cantaba a dúas voces.

En 1945 o exército norteamericano recrutou a Octavio González, razón pola que foi substituído por Pepito Maduro, co cal comezaron a cantar a tres voces, novidade na illa[1]. Gravaron por vez primeira en 1946.

En 1952, talvez influenciados polo estilo imperante de Los Panchos, xa moi querido en toda Latinoamérica, comezaron a empregar o requinto, sendo o instrumentista Jorgito Hernández, quen contribuíu a facer do trío un dos máis destacados do momento.

Notas editar

  1. Trío Puertorriqueño de Música Romántica Arquivado 29 de xullo de 2010 en Wayback Machine., reportaxe na Fundacion Nacional Puertorriqueña para la Cultura. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar