Tránsito astronómico

(Redirección desde «Tránsito»)

Un tránsito astronómico é un suceso que ocorre cando un corpo celeste aparenta moverse sobre a superficie doutro, visto por un observador dende un punto particular. De xeito usual, refírese a casos nos que o corpo que atravesa por diante é significativamente máis pequeno que o máis distante; doutro xeito, referirémonos ó evento como eclipse (total ou parcial) ou ocultación.

Tránsito de Venus, 6 de decembro de 1882

Un exemplo dun tránsito envolve o movemento dun planeta entre un observador terrestre e o Sol. Isto pode suceder só cos planetas interiores, ou sexa Mercurio e Venus. Porén, visto dende os planetas exteriores, como Marte, a Terra transita ocasionalmente o Sol.

O termo pode ser usado tamén para describir o movemento dun satélite ó longo do seu planeta de referencia, por exemplo un dos satélites galileanos (Ío, Europa, Ganímedes, Calisto) ó longo de Xúpiter, como pode verse dende a Terra.

En anos recentes, o descubrimento de planetas extra solares aumentou o interese sobre a posibilidade de detectar os seus tránsitos sobre a súa propia estrela primaria. HD 209458b é o primeiro descuberto de tales planetas transitorios.

Contactos

editar

Durante un tránsito hai 4 "contactos", cando a circunferencia do círculo pequeno (disco do corpo pequeno) toca a circunferencia do círculo maior (disco do corpo maior) nun punto. Os contactos suceden na seguinte orde:

  • Primeiro contacto: O corpo pequeno está por enteiro fóra do grande, movéndose cara ó interior
  • Segundo contacto: O corpo pequeno está por enteiro dentro do grande, movéndose cara ó interior
  • Terceiro contacto: O corpo pequeno está por enteiro dentro do grande, movéndose cara ó exterior
  • Cuarto contacto: O corpo pequeno está por enteiro fóra do grande, movéndose cara ó exterior

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar