Toucador
Un toucador é un moble que serve para enfeitarse e adobiarse,[1] ou para arranxar o peiteado ou a disposición de calquera peza para cubrir a cabeza.
Con forma habitualmente de escritorio adoita constar dun espello e unha serie de caixóns onde se poden gardar os instrumentos, cosméticos, perfumes e adornos necesarios para tal fin. Adoita situarse no dormitorio ou peza contigua denominada tamén toucador.
Historia
editarOs primeiros toucadores iniciáronse no Antigo Exipto e consistían nunhas caixas onde se almacenaba o necesario para un ritual de beleza.[2]
En Europa a finais do século XVII foi onde se logrou o desenvolvemento dos toucadores, parecidos aos de hoxe en día.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para toucador.
- ↑ "La historia del tocador en el Museo Metropolitano de Nueva York". azureazure.com, Saida Santana (1 de xaneiro de 2014).