Torta de cenoria
A torta de cenoria, pastel de cenoria ou bolo de cenoura é un pastel doce con cenoria machucada mesturada na masa. A cenoria amolece no proceso de cocedura, e o bolo adoita ter unha textura mesta e lene. As cenorias melloran o sabor, textura e aparencia do pastel.
Historia editar
As cenorias téñense usado en pasteis doces dende a Idade Media, época na que os adozantes eran escasos e caros, mentres a cenoria, que contén máis azucre que calquera outra verdura fóra da remolacha azucreira, era moito máis doada de atopar, polo que se usaba para elaborar sobremesas doces.[1] A popularidade do pastel de cenoria rexurdiu probabelmente no Reino Unido grazas ao racionamento durante a segunda guerra mundial.[2]
Os pasteis de cenoria estiveron amplamente dispoñíbeis en restaurantes e cafetarías estadounidenses a principios dos anos 1960. Ao principio eran un artigo novo, pero a moitas persoas gustoulles tanto que pasou a ser unha sobremesa corrente.
Os doces de cenoria son tamén frecuentes en Portugal. Hoxe é cada vez máis frecuente en Galiza atopar tortas de cenoria.
Ingredientes e preparación editar
Malia o seu nome, a torta de cenoria aseméllase máis a un biscoito na preparación (todos os ingredientes húmidos, como os ovos e o azucre, mestúranse por unha banda, todos os secos por outra, e despois engádenselles os húmidos) e a consistencia definitiva (que é normalmente máis mesto ca un pastel tradicional e ten unhas faragullas máis grosas).
Moitas receitas de pastel de cenoria inclúen ingredientes opcionais, tales como froitos secos (especialmente noces), pasas, ananás ou coco.[3]
Este pastel prepárase nun forno sen realmente un tempo definido sobre o cal deber manterse dentro del. Recoméndase deixar arrefriar ao sacar o do forno e antes de poder comer.
Presentación editar
O pastel de cenoria pode comerse sen máis engadidos, mais a miúdo glásase ou recóbrese cunha camada cristalizada de crema de queixo e noz picada. Con frecuencia decóranse con enfeites semellando cenorias. A torta de cenoria ás veces aparece a xeito de cupcakes.
Notas editar
- ↑ Carrot Cake Recipe & Photo - Joyofbaking.com (inglés)
- ↑ The Food Timeline: Cake History Notes (inglés)
- ↑ Canadian Living: Canada's Best Carrot Cake with Cream Cheese Icing Arquivado 24 de outubro de 2010 en Wayback Machine. (inglés)
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Alton Brown, I'm Just Here for More Food: Food x Mixing + Heat = Baking. ISBN 1-58479-341-4
- Alan Davidson, Oxford Companion to Food. ISBN 0-19-211579-0