Torres do Himalaia

torres de pedra de varias rexións chinesas

As torres do Himalaia son altas torres de pedra erixidas na rexión de Kham (noroeste de Sichuan e suroeste de Qinghai), habitada polos tibetanos, así como nos territorios poboados polos qiang en Sichuan e no Tíbet. Estas torres, construídas polas minorías étnicas do lugar, poden ser de distintas plantas (cadradas, hexagonais, octogonais, en estrela ou en cruz).

Torres do Himalaia

Tipogrupo de monumentos Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Torres no distrito de Danba, en Sichuan
Torres do período dos Xia do Oeste

Algunhas das torres, situadas en lugares estratéxicos, funcionaban como torres de defensa ou vixilancia. Outras, próximas a vilas agrícolas situadas en rutas comerciais, poderían ser almacéns de alimentos. Nas rexións de Kongpo e Danba, as torres parecen destinadas a amosar o prestixio dunha familia no seo da comunidade. Outra teoría suxire que o seu uso era gardar o té nas zonas de Yunnan e Sichuan, onde a herba adoitaba trocarse por cabalos do Tíbet.

En chinés, reciben o seu nome segundo a etnia correspondente. No caso das torres tibetanas, chámanse zàngmín gāodiāo (en chinés: 藏民高碉; lit. "Altas torres de pedra dos tibetanos"); as dos qiang, son qiāngzú diāolóu (en chinés: 羌族碉楼; lit. "Casas de pedra dos qiang") ou, abreviadamente, qiāngdiāo (en chinés: 羌碉). Máis en xeral, este tipo de construcións son denominadas diāofáng (en chinés: 碉房) ou diāolóu (en chinés: 碉楼), termos con connotacións defensivas.

Historia

editar

Cara ao final da dinastía Ming (1368-1644), os eruditos chineses describiron algunhas destas torres en varios reinos hoxe desaparecidos.[1] No século XVIII, as torres de pedra e as fortificacións da antiga rexión de Gyalong (nas actuais prefecturas de Ngaba e Kardzé, en Sichuan) xogaron un papel importante na defensa dos dous reinos tibetanos de Rabden e Tsanlha contra as forzas imperiais dos Qing.[2]

A primeira fonte occidental en mencionalas foi a exploradora Isabella Bird, a finais do século XIX. Frank Kingdon-Ward tamén as mencionou en 1935. O francés Michel Peissel afirmou descubrilas en 1982, e foron "redescubertas" por Mathieu Col en 1994.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar