Abrir o menú principal

Andrés Torres Queiruga

(Redirixido desde "Torres Queiruga")

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño, Ribeira, o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Andrés Torres Queiruga
Queiruga foto.jpg
Andrés Torres Queiruga no 2004.
Nacemento28 de maio de 1940
 Aguiño
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónteólogo, autor, escritor, profesor, tradutor e editor literario
XénerosEnsaio
EstudosTeoloxía, Filosofía
PremiosPremio Nacional de Tradución de España
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Realizou estudos de teoloxía no seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas. Licenciado en Filosofía (1962) e Teoloxía (1966). Posteriormente, tras dous anos en Roma, realizou a súa tese sobre Ángel Amor Ruibal, en 1973. É tamén doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela no 1988, coa tese Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri.

A súa actividade como docente levouno á Universidade de Santiago, onde foi profesor de Filosofía da Relixión, Clásicos da Metafísica e Filosofía Alemá na Época da Ilustración na Facultade de Filosofía. Foi tamén profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán.

Membro da Real Academia Galega (1980) e do Consello da Cultura Galega, foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento cristián Encrucillada.

A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a Igrexa católica, en particular sobre os conceptos do Espírito Santo e a interacción de Deus sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en 2012 a Comisión da Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"[1]

Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "conculcación da liberdade de pensamento" do intelectual galego.[2]


Predecesor:
Francisco Fernández Rei
 Vicesecretario da RAG 
2013-
Sucesor:
No cargo

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

Estas son as súas principais obras[3]:

  • Teoloxía e sociedade, 1974, SEPT.
  • Recupera-la salvación, 1977, SEPT.
  • Nova aproximación a unha filosofía da saudade, 1981, Real Academia Galega.
  • A revelación como maieútica histórica, 1984.
  • Rolda de ideas, 1984, SEPT.
  • A revelación de Deus na realización do home, 1985, Galaxia. Traducida ao español (1987) e ao italiano (1991[4]).
  • Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, 1986, SEPT.
  • Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, 1990, Fundación Barrié.
  • O inferno a revisión, 1995, Irimia.
  • Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, 1996, SEPT.
  • Do Terror de Isaac ó Abbá de Xesús, 1999, SEPT.
  • Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, 2002, SEPT. Traducido ao castelán como Repensar la resurrección, publicado en Trotta, no 2003.
  • Para unha filosofía da saudade, 2003, Fundación Otero Pedrayo.
  • Diálogo das relixións e autocomprensión cristiá, 2005, SEPT.
  • Repensar o mal. Da poneroloxía a teodicea, 2010, Galaxia.
  • Alguén así é o Deus en quen eu creo, 2012, Galaxia.

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, 1977, Marova, Madrid.
  • Opción por los pobres: La justicia del Dios cristiano, 1988, Editorial S. M.
  • El Dios de Jesús. Aproximación en cuatro metáforas, 1991, Sal Terrae, Santander.
  • La constitución moderna de la razón religiosa. Prolegómenos a una Filosofía de la Religión, 1992, Verbo Divino, Lizarra.
  • El cristianismo en el mundo de hoy, 1992, Sal Terrae.
  • El diálogo de las religiones, 1992, Cuadernos Fe y Secularidad, Madrid.
  • Confesar hoy a Jesús como el Cristo, 1995, Cuadernos Fe y Secularidad, Santander/Madrid.
  • La democracia en la Iglesia, 1995, S. M.
  • Repensar la Cristología. Ensayos hacia un nuevo paradigma, 1996, Verbo Divino.
  • Un Dios para hoy, 1997, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • El problema de Dios en la Modernidad, 1998, Verbo Divino.
  • Creer de otra manera, 1999, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, 2000, Sal Terrae.
  • Por el Dios del mundo en el mundo de Dios. Sobre la esencia de la vida religiosa, 2000, Sal Terrae.
  • Esperanza a pesar del mal. La resurrección como horizonte, 2005, Sal Terrae.
  • Filosofía de la religión en Xavier Zubiri, 2005, Tirant lo Blanch, Valencia.
  • Repensar la revelación. La revelación divina en la realización humana, 2008.

Obras colectivasEditar

  • Los gallegos, 1976, Istmo, Madrid.
  • Galicia. Realidade económica e conflicto social, 1978, Banco de Bilbao.
  • 10 Palabras clave en Religión, 1992, Verbo Divino, Estella.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar