Torre de la Plata

A Torre de la Plata é unha torre octogonal do século XIII, situada na rúa Santander da cidade de Sevilla, Andalucía (España), que se unía por un pano da muralla da cidade que foi derrubado en 1821[1] á Torre del Oro.

Torre de la Plata
A Torre de la Plata
Coordenadas37°23′00″N 5°59′44″O / 37.38320327, -5.995428289Coordenadas: 37°23′00″N 5°59′44″O / 37.38320327, -5.995428289
editar datos en Wikidata ]

En tempos de Afonso X, era tamén coñecida como torre dos Azacanes. No século XVIII, foi parcialmente ocultada pola construción dunha serie de vivendas segundo o proxecto do arquitecto italiano Vermondo Resta.[2] A finais do século XX, foi utilizada como acubillo por indixentes. Foi restaurada parcialmente en 1992. Atópase nun estado pésimo sendo a vexetación a que alaga grandes partes do espazo.

Na actualidade un muro da nosa época divide un patio adxacente cun aparcadoiro, sobre o que no século XVII situouse o Curral das Herrerías.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Torre de la Plata". Hemeroteca digital diario ABC. 5 de junio de 1980. Consultado o 22 de novembro de 2011. 
  2. "O italiano que ocultou a torre de la Plata". 22 de xuño de 2004. Consultado o 22 de novembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar